Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Eles prefiren o 'running' e elas, o ximnasio



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE MAIO DE 2018 · (0)



Coa subida das temperaturas abondan os novos deportistas que se suman aos de sempre. O propósito dalgúns é recuperar figura e bos hábitos, pero existen certas preferencias por cuestión de xénero á hora de calzar as deportivas. Malia que as xeralizaciósn sempre cómpre collelas con pinzas.


Serían case 12 millóns de españois os que escollan correr, o que non quere dicir que sexan practicantes a diario. A razón? Que pódese facer en solitario e acompañado, resulta barato, e accesible en calquera momento do día. Os outros deportes que se coan na lista de favoritos dos españois son fitness, tenis, deportes acuáticos, os de aventura e pádel. Por esa orde. E ollo: as aseguradoras de saúde empezan a premiar a quen move o corpo.

Segundo un estudo realizado www.acierto.com eles prefiren o running e elas inclínanse polo ximnasio en primeiro termo, cun 12% de diferenza respecto dos homes, que son tamén os que máis practican pádel. Pero o 78% dos enquisados prefire practicar exercicio no exterior. Facelo leva un maior gasto calórico e supón unha liberación superior de endorfinas.

Pero quen fai máis deporte? Segundo o estudo, os homes de entre 40 a 50 anos son os máis activos e os menores de 20 os menos esixentes. Tamén hai matices en función do xénero: eles dedican máis tempo a cada sesión e son lixeiramente máis activos pero tamén se coidan menos. E elas teñen máis en conta outros factores como a alimentación: ata o 65% das mulleres fixo dieta algunha vez, fronte ao 52% dos homes.

Iso sí, ata 17 millóns de españois admiten ser sedentarios, e un 7% máis non fai nada de exercicio. Só o 54% das persoas que superan os 65 anos pon un chándal para facer deporte. Tal e como comenta Carlos Brüggemann, cofundador de Acierto.com, “son cada vez máis as aseguradoras de saúde que están a incluír wearables deportivos e apps de monitoraxe, sistemas para premiar aos clientes máis activos. O motivo? Que, a longo prazo unha persoa sa supón un gasto menor”. Así de claro.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)