Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As tendas ‘online’ españolas son das máis preparadas para vender a nivel internacional



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE MAIO DE 2018 · (0)



A metade destes portais en España permite realizar envíos fóra do país, segundo un estudo realizado polo comparador de prezos idealo.es. Sen embargo, mercar tecnoloxía no Reino Unido a través destas tendas sae ata un 9,6 % máis barato.


Internet supuxo toda unha revolución no mundo das compras transfronteirizas, xa que unha das grandes vantaxes que ofrece aos consumidores é a posibilidade de acceder a un amplísimo número de tendas de todo o mundo dende o lugar que queiran e en calquera momento do día. Tras a aprobación hai poucos meses das novas normas que prohíben o bloqueo xeográfico inxustificado en Internet por parte do Parlamento Europeo, idealo.es estudou que países europeos apostan máis pola venda de produtos a nivel internacional. Segundo estes datos, as tendas online españolas son das mellor preparadas de Europa, xa que is do 50 % delas permiten enviar produtos ao estranxeiro, porcentaxe que nos coloca en cabeza xunto a Francia. Ademais, España é o país que conta con máis tendas online dispoñibles en diferentes idiomas (28%), o que facilita en gran medida o proceso de compra ao consumidor estranxeiro.

Outro dos países mellor preparados para a exportación a través de Internet é o Reino Unido. Segundo os datos de idealo, o 48% das tendas británicas permite realizar envíos fóra das illas, mentres que o 24 % delas conta cun site multilingüe. Ademais, os británicos encabezan o ranking en canto á posibilidade de aceptar diferentes divisas, dado que unha de cada catro tendas online no Reino Unido permite o pago con moeda diferente á libra esterlina. España ocupa a segunda posición nesta clasificación, cunha porcentaxe do 8%, por diante de Alemaña (4%), Italia (4%) e Francia (2%).

Curiosamente, Reino Unido descúbrese como un dos países europeos máis baratos para os españois nos que comprar dispositivos tecnolóxicos. Adquirir tecnoloxía nas Illas Británicas permítenos aforrar ata un 9,6% de media, fronte ao prezo do mesmo produto nunha tenda online española. Este aforro pode chegar a ser de ata un 17% no caso dos discos duros externos, ou dun 15 % se imos comprar cámaras réflex ou tablets. A pesar diso, á hora de facer compras noutros países de Europa, os españois sobre todo preferimos comprar en tendas alemanas, austríacas e irlandesas.

Dende onde nos compran?

O informe tamén estudou o país de procedencia das vendas internacionais que efectúan as tendas online españolas. Segundo estes datos, unha de cada catro compras recibidas dende fóra das nosas fronteiras procede de Alemaña (24,9%). Os produtos que máis solicitan os alemáns en España son consolas, smartphones, barbacoas, bicicletas e televisores.

O segundo país que máis compras realiza en España é Francia (15,7 %), con interese sobre todo en smartphones, televisores e frigoríficos, mentres que en terceira posición se sitúa Portugal (11,7%) cunha demanda de produtos similar á dos franceses, aínda que cos televisores en primeira posición.

Para Adrián Amorín, country manager de idealo.es, Internet veu democratizar a venda de produtos e mesmo rachar fronteiras. O auxe do ecommerce e do mcommerce permitiu, segundo explica “multiplicar o rango de tendas dispoñibles para comprar calquera tipo de produto, o que fai que a competitividade por ofrecer o mellor prezo se dispare e sexamos quen de atopar mellores ofertas para un mesmo artigo”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)