Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Máis do 50% das persoas de entre 55 e 64 anos traballan en España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE MAIO DE 2018 · (0)



Esta porcentaxe medrou sete puntos dende 2013, pero continúa afastada da media da Unión Europea, que supera o 57%, e máis aínda do índice de países como Suecia ou Alemaña, onde se supera o 70%.


O aumento da participación do grupo de poboación de entre 55 e 64 anos no mercado laboral é un obxectivo importante na UE, a fin de lograr unha elevada taxa de emprego para o conxunto dos traballadores. Durante os últimos anos, esta taxa de emprego foi crecendo constantemente nos países da Unión Europea, pasando dunha media do 50,1% en 2013 a un 57,1% en 2017.

Suecia conta coa maior cifra de emprego entre os traballadores de idadeis avanzada cun 76,4%, figurando en segundo lugar Alemaña cun 70,1%. Dinamarca e Estonia superan o 68%, ao tempo que os Países Baixos están preto do 66% e o Reino Unido acada un 64%. Finlandia, Letonia e a República Checa sitúanse por riba do 62%, e Irlanda e Bulgaria superan o 58% e, por tanto, tamén o promedio da UE.

Nos restantes16 países –entre os que está España– as cifras xa baixan da media. Portugal acada un 56,2%, Italia un 52,2%, e Austria e Francia comparten un 51,3%. En España, a taxa de emprego das persoas entre 55 e 64 anos mellorou substancialmente nos últimos anos. En 2013 chegabamos a un 43,2% e estamos nun 50,5% en 2017. A melloría é evidente, pero aínda queda moito por facer ata acadar como mínimo o promedio da UE. Por detrás de nós figuran, entre outros, Bélxica, Luxemburgo e Grecia, xunto a unha serie de países de recente adhesión.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)