Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Adolfo Domínguez anuncia un ERE que reducirá 110 empregos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE MAIO DE 2018 · (0)



O grupo téxtil ourensán vén de anunciar que presentará un expediente de regulación de emprego que afectará a 110 persoas, dentro do proceso fusión de marcas que suporá a eliminación de U e AD+, e que implicará tamén o peche de 56 tendas. &l


A partir do outono todas as coleccións da firma ourensá concentraranse baixo a insignia Adolfo Domínguez, que absorbe as marcas U e AD+, tal e como xa anunciara a dirección do grupo téxtil hai uns días. E hoxe anunciou o ERE que afectará a un total de 110 traballadores, o que supón o 8% do seu persoal, integrado por 1.325 empregados. 

Segundo explica a firma nun comunicado feito público hoxe, iniciarán un expediente de despedimento colectivo, mobilidade e modificación das condicións de traballo por causas económicas, produtivas e organizativas. A compañía asegura que o plan será debidamente comunicado aos traballadores afectados e aos seus representantes e que haberá un tempo de consultas para facer todo de forma "responsable, ordenada e consensuada".

A firma galega iniciou o proceso de fusión das súas marcas baixo unha soa insignia (Adolfo Domínguez) coa transformación de aproximadamente 115 puntos de vendaOs primeiros seis establecementos que se converterán en tendas de venda exclusiva Adolfo Domínguez son os de Fuencarral (Madrid), Málaga, Canarias, Miranda do Ebro (Burgos) e  Torrelavega (Cantabria). O plan inclúe tamén a reforma integral da 'flagship' de Paseo de Gràcia (Barcelona) que reabrirá as súas portas no outono.

Evitar duplicidades

O proceso de fusión anunciado pola compañía prevé eliminar duplicidades en rúas e centros comerciais, onde o grupo dispón de puntos de venda da marca principal e das submarcas U e  AD+. Deste xeito pretenden xerar eficiencias en diversas áreas do sistema de produción e unha mellora da tesourería que se consolidarán, previsiblemente, nos próximos anos. Neste exercicio, a firma non prevé que o resultado neto do proceso teña un impacto "significativo" debido aos custos asociados á posta en funcionamento do plan de fusión.

Unha vez finalizado o proceso, a compañía indica que sumará 416 puntos de venda en 29 países. A cifra final de puntos de venda en 2018 completarase coas aperturas xa realizadas desde febreiro e as previstas ata o final do exercicio. O grupo rematou o exercicio fiscal 2017-2018 con 114 millóns de euros en vendas, 1.325 empregados e unha mellora do resultado operativo do 75% respecto ao ano anterior.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)