Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os expertos contables atisban un risco potencial de repetición da burbulla inmobiliaria



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE MAIO DE 2018 · (0)



Un 60% considera que a economía española aínda non superou a crise e un 76% cre que as tensións que afronta o comercio mundial afectarán negativamente na internacionalización das nosas empresas. Pero valoran a solvencia destas firmas e a información financeira que dispoñen os investidores cun notable.


A enquisa de conxuntura económica realizada co gallo da III Xornada Nacional do Rexistro de Expertos Contables celebrada hoxe en Madrid -que reuniu esta mañá a un cento deles- pon de manifesto que aínda non se deixaron atrás os efectos da crise. É preocupante observar que máis dun 56% dos enquisados percibe que podería jaber unha nova burbulla inmobiliaria no país mentres alertan sobre os efectos negativos das tensións no comercio internacional.

A terceira edición da Xornada Nacional do REC) basicamente analizou o papel dos contables na internacionalización das empresas españolas, ademais de achegar os datos da enquisa. Nos debates participaron persoas e entidades de referencia, como a secretaria de Estado de Comercio, Marisa Poncela; a vicepresidenta da CNMV, Ana María Martínez-Pina; o presidente da Cámara de Comercio de España, José Luis Bonet; ou o presidente de  COFIDES, Salvador Marín.

Tamén houbo unha representación significativa do sector privado con directivos do Banco de Santander, EY eTendam Global  Fashion  Retail (antigo Cortefiel). De acordo coas palabras de Francisco Graza, vicepresidente do REC), “a claridade á hora de presentar a información contable resulta clave para lograr un bo rating que permita obter financiamento ás empresas que desexen saír ao exterior”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)