Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cesuga gradúa á súa vixésima promoción de ADE



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE MAIO DE 2018 · (0)



O Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia acolleu a tarde do venres o acto de graduación destes alumnos, que forman parte da primiera promoción que se gradúa neste centro como adscrito á Universidade San Jorge de Zaragoza.


O acto contou coa participación de José Varela, presidente do centro privado coruñés, quen estivo acompañado polo decano da Facultade de Comunicación e Ciencias Sociais da USJ, Javier Hernández Ruiz. Tamén se dirixiu aos alumnos o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (Acsug), Eduardo López Pereira, así como o vicedecano do Colexio de Economistas da Coruña, Jesús Vázquez Pérez.

En Cesuga, centro universitario privado ubicado na Coruña, impártense catro graos oficiais: Administración e Dirección de Empresas, Arquitectura, Publicidade e Relacións Públicas, e Tradución e Comunicación Intercultural. O centro caracterízase pola súa vocación internacional e por ofrecer unha atención personalizada. A metodoloxía que se emprega é moi práctica, seguindo o modelo anglosaxón, con traballo en equipo e casos prácticos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)