Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cómpre unha Coruña máis industrial



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE MAIO DE 2018 · (0)



O Plan de Promoción Industrial da cidade confirma o sabido: a perda de peso deste sector na zona fronte ao terciario. Aínda que un sector servizos forte é fonte de riqueza, o estudo pon de manifesto que “a capacidade de crecemento non pode depender exclusivamente del a longo prazo”. Os empresarios piden un acordo marco para potencialo.


A Cámara de Comercio da Coruña acollía o pasado venres a presentación deste plan convidando a representantes de organismos públicos, empresas e asociacións de empresarios, ademáis do ex ministro Josep Piqué. O presidente cameral, Antonio Couceiro, dixo que cando accedeu á presidencia da entidade hai ano e medio, marcouse como un obxectivo prioritario “a posta en marcha deste plan para sumar esforzos”.

Estes son os tres grandes obxectivos.

  1. Mellorar os factores de localización industrial, que implica completar a dotación de infraestruturas básicas, garantir a conectividade interna e externa, mellorar a coordinación institucional en planificación do territorio e minimizar os trámites administrativos á implantación de novos proxectos industriais.
  2. Unha mellora competitiva da industria local que garanta a supervivencia e localización na área, o cal pasa por axeitar a capacitación dos profesionais do sector aos novos requirimentos, fomentar a innovación, favorecer a diferenciación sectorial e intensificar a cooperación.
  3. O terceiro obxectivo é conseguir máis atracción de investimentos industriais cunha estratexia de promoción coordinada e a proxección dunha imaxe conxunta da área, tarefa na que buscarase a implicación de todos e a colaboración das empresas industriais tractoras máis importantes do territorio.

Tamén indica os instrumentos operativos: a firma dun acordo marco subscrito inicialmente polos axentes máis directamente relacionados coa materia ou o territorio obxectivo e que, en todo caso, deixará aberta a adhesión no futuro doutros axentes ou entidades tamén interesados no desenvolvemento do Plan; e a creación dunha “Oficina de Promoción Industrial da Coruña e a súa Área de Influencia”, que asumirá o rol de facilitador e asesor ante posibles investidores. Tamén actuaría como promotor e axente impulsor de actividades prioritarias.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)