Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O futuro da hostalaría de Galicia pon a proba as súas habilidades



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE MAIO DE 2018 · (0)



20 alumnos de 10 centros de hostalaría de toda Galicia participarán o mércores nunha actividade de divulgación e formación sobre cultura de cervexa no CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) e tratarán de demostrar as súas habilidades no Certame de Servizo de Cervexa Estrella Galicia.


Durante os últimos meses, profesores dos centros participantes impartiron aos alumnos un programa formativo que, baixo os criterios establecidos por Estrella Galicia, tiña como obxectivo fomentar o coñecemento e as dinámicas do servizo de cervexa. Tras ese proceso de aprendizaxe, os alumnos máis destacados de cada centro compartirán unha xornada con compañeiros de toda Galicia, demostrando as súas destrezas no 1º Certame de Servizo de Cervexa Estrella Galicia destinado a futuros profesionaies da hostalaría galega.

Participarán un total de 20 alumnos dos seguintes centros de hostalaría galegos:

  • CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

  • IES Fragas do Eume (Pontedeume)

  • Escola de Especialidades da Estación Naval da Graña (Ferrol)

  • CIFP Compostela (Santiago de Compostela)

  • IES Manuel Antonio (Vigo)

  • CIFP Carlos Oroza (Pontevedra)

  • IES Sanxillao (Lugo)

  • IES de Foz (Foz)

  • Fundación Belarmino Fernández Iglesias (Sober)

  • IES Vilamarín (Ourense)

Todos eles competirán por levarse o título ao seu centro e, sobre todo, por demostrar que a próxima xeración da hostalaría galega vén máis preparada que nunca. Para valorar as súas habilidades reunirase un xurado de profesionais consagrados no servizo como Tony García (Restaurante Bocanegra-A Coruña), Manuel Corralero (Restaurante Alborada-A Coruña), Francisco López (Restaurante España-Lugo), Xurxo Rivas (propietario da Taberna O Secreto-A Coruña) e Xabier Cubillo (técnico de Cultura de Cervexa de Hijos de Rivera), como presidente do xurado.

O obxectivo desta xornada é poñer en valor a cualificación no servizo, en concreto o servizo de cervexa, como eixo fundamental no labor dos profesionais hostaleiros e espertar o interese dos alumnos por acadar a perfección na atención aos clientes, todo iso no marco dunha competición que recoñeza o esforzo dos mellores.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)