Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O sector madereiro galego, fala



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE MAIO DE 2018 · (0)



Tras meses de xuntanzas ofrecen propostas para superar a fragmentación da propiedade, simplificar a normativa da xestión do monte, diversificar a produción, avanzar nos procesos de ordenación e certificación forestal, e camiñar cara unha bioeconomía que xere riqueza no rural.


Asociacións de propietarios forestais, empresas de servizos e da industria de primeira e segunda transformación reunidas pola Fundación Juana de VegA, tras moitas reunións de traballo, presentaron esta mañá as propostas para o sector forestal de Galicia. Foi na Cidade da Cultura con xente dos sector e membros da sociedade civil, das universidades, da política e entidades ecoloxistas.

Tendo en conta despoboamento do rural, abandono do territorio e condicións climáticas e edafolóxicas, establecéronse propostas para axudar a reverter a situación. Os axentes acadaron unha serie de puntos de consenso cos que pretenden abrir novos camiños e servir de orientación ás políticas públicas para a ordenación e a xestión forestal, nas que deben primar unha visión a longo prazo. O medioambiente e o sector forestal precisan dunha estabilidade que xeracións.

As achegas aprobadas

O presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez, e o presidente do Cluster da Madeira ,José Manuel Iglesias, fixeron públicas as propostas de consenso nun documento reflicte a realidade do sector forestal galego. As liñas acadadas, resúmense en oito grandes puntos.

- O futuro do medio rural dependerá da súa capacidade de xerar valor e do seu recoñecemento social.

-Sustentabilidade social, ambiental e económica. Cómpre rachar coa dicotomía medioambiente/producion.

-  É fundamental superar os problemas do abandono do rural.

-  Potenciación de actuacións de base colectiva e comunitaria que permitan superar os problemas de minifundio e impulso da certificación forestal.

-  Simplificación e clarificación da normativa vixente, cun marco claro e a longo prazo na ordenación xeral do territorio.

-  Concienciación social sobre os valores do monte.

-Formación e innovación ao longo de toda a cadea de valor para mellorar a competitividade.

- O sector forestal debe promover a biodiversidade e o deseño de produto e avanzar cara a bioeconomía para xerar valor sostible a longo prazo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)