Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

España ocupa o posto 23 en localización industrial



REDACCIÓN · PUBLICADO O 15 DE MAIO DE 2018 · (0)



O ranking elaborado polo Instituto da Economía Alemana reflicte as condicións para a localización empresarial que ofrecen 45 países en materia de regulacións estatais, infraestruturas, coñecementos, recursos, custos e mercado.


De aí a relevancia das comparacións internacionales que permiten coñecer as vantaxes dun emprazamento económico. Con ese obxectivo o ranking do Instituto da Economía Alemana compara as condicións para a localización de empresas industriais en 45 países, analizando en detalle seis ámbitos: regulacións estatais, infraestruturas, coñecementos, recursos, custos e mercado.

No ranking –que se refire ao ano 2015– destacan Suiza en primeiro lugar, os Estados Unidos no segundo e Alemaña no terceiro posto. Suecia, Dinamarca, Xapón, os Países Baixos, o Reino Unido, Noruega e Nova Zelanda completan a lista dos 10 países con maior atractivo para a localización industrial. En todas estas economías, o estudo destaca as favorables regulacións estataies, as infraestruturas existentes e, en moitos países, tamén a elevada calidade no ámbito dos coñecementos.

Se analizamos os restantes países da UE que aparecen na clasificación Finlandia figura no posto 13 e a continuación sitúanse Irlanda (15), Austria (16), Bélxica (17) e Francia (19). España ocupa o posto 23 no ranking dos 45 países, ocupando unha posición intermedia. Os países con menor puntuación entre os da UE son Hungría e Rumania.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)