Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Coñecendo máis o mercado agroalimentario chinés



REDACCIÓN · PUBLICADO O 15 DE MAIO DE 2018 · (0)



Sebastián Díaz, especialista en comercio internacional da consultora Opera Global, foi convidado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, que celebrou na área Portuaria de Bouzas unha xornada informativa esta mañá. Máis de 21 pemes galegas achegáronse ata alí para escoitar tamén o testemuño directo das empresas Plan B e Kiwi Atlántico.


O país-continente é hoxe o 8º destino principal das exportacións españolas de alimentos e bebidas. Con todo, a importancia nos últimos anos creceu de forma constante e espérase que a posición no ránking mellore. Carnes e aceite de oliva supoñen máis do 50% das nosas vendas como país pero no caso galego son peixes e marisco os principais produtos exportados, seguidos moi de lonxe polo viño.

Os produtos españois con maior aceptación na gastronomía chinesa son os procedentes do porcino, máis aceite e viño. Pero cómpre sumar oportunidades específicas para as empresas galegas nas conservas de peixes e mariscos e na industria dos lácteos, nas que a destacamos por importancia a nivel nacional e calidade.

Estes monográficos sobre países inscríbense nunha serie de accións que veñen realizando de maneira conxunta o Consorcio e a Cámara de Comercio, aclarando aspectos prácticos de diversos mercados. E facendo fincapé neste caso nos aspectos culturais e nas singularidades dun país que, pola distancia, resulta moi descoñecido para a maioría das pemes galegas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)