Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Explorando as posibilidades comerciais con Valonia



PUBLICADO O 16 DE MAIO DE 2018 · (0)



Didier Denayer, conselleiro económico e comercial para a rexión de Valonia da Embaixada de Bélxica, visitou hoxe a Cámara da Coruña para explorar oportunidades de negocio con empresas da área. Mostrouse especialmente interesado pola actividade en materia de exportación e importación.


O conselleiro foi recibido polo presidente da entidade coruñesa, Antonio Couceiro para establecer unha relación directa   coñecer os proxectos e intereses das empresas da área na rexión valona e viceversa, ademais de explorar eventuais colaboracións.

Ao longo de 2017, as empresas galegas realizaron exportacións a Bélxica por un valor superior aos 800.000 €, dos que preto de 600.000 € corresponderon a empresas da área coruñesa. Galicia importou bens do país belga por 207.000 €, dos que a metade corresponderon a empresas da Coruña. Combustibles, téxtil, vehículos, fundición de ferro e aceiro e aluminio son algúns dos produtos máis exportados, mentres que combustibles, plástico e as súas manufacturas, vehículos, produtos químicos ou calzado figuran entre os máis importados. Antonio Couceiro lembra que reforzar os lazos comerciais cos países europeos é fundamental para aconsolidación das nosas empresas en materia de comercio exterior.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)