Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 29 de maio, II Congreso Galego de Compliance



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE MAIO DE 2018 · (0)



De interese para empresarios, directivos e responsables desta área, darase a coñecer como afrontar riscos legais, establecer mecanismos de prevención e resposta e avaliaranse utilidades que o compliance pode ter na vida das empresas. Directivos de Grupo Pérez Rumbao, Inveravante, Navantia e Nueva Pescanova exporán aspectos prácticos.


O compliance son os procedementos  prácticas para identificar riscos operativos e legais aos que se enfrontan as compañías, establecendo mecanismos de prevención, control e reacción. O Congreso estruturarase en oito relatorios para falar dos beneficios de adoptar políticas de control interno e os requisitos dun programa de prevención de riscos legais en áreas como corrupción, branqueo de capitais e riscos tributarios.

Consolídase un evento de referencia en Galicia tras o éxito da primeira edición, celebrada en xullo de 2017 en Santiago. O Círculo de Empresarios de Galicia acolle unha cita organizada por Cremades & Calvo-Sotelo Avogados e QualityNova Consultores coa colaboración da Xunta, Concello de Vigo, Asociación Española de Compliance (ASCOM), Círculo de Empresarios de Galicia,  MundiNova Consultores de Comunicación, Landín, Círculo Financeiro de Galicia e o Colexio de Economistas de Pontevedra. Os interesados en ir poden inscribirse antes do 25 de maio na web www.compliancegalicia.es.

As sesións contarán coa participación de profesionais como Germán Serrano, xuíz decano de Vigo; María Pousada Enríquez, secretaria do Consello de  Xesgalicia; Luís Florencio Santa-María Pérez, responsable de Cumprimento de Abanca; Lourdes Carballo, decana do Colexio de Avogados de Vigo; Jacobo Dopico, catedrático de Dereito Penal da Facultade de Dereito da Universidade Carlos III; Juan Carlos  Aladro, Fiscal Xefe Provincial de Pontevedra; ademais do director xeral de Xustiza da Xunta, Juan José Martín.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)