Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

CLUN recibe o premio “Cooperativa do Ano” de Cooperativas Agro-Alimentarias de España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 31 DE MAIO DE 2018 · (0)



A confederación de cooperativas agrarias distingue así o proxecto galego de integración nado de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto en xaneiro de 2017 como “unha das apostas máis importantes dos últimos anos”.


O presidente de CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas), José Ángel Blanco, recolleu onte en Madrid este galardón nun acto presidido pola directora xeral do Traballo Autónomo da Economía Social e de Responsabilidade Social das Empresas, Carmen Casero, no que se destacou á cooperativa galega por “terse convertido en referente no sector agrogandeiro galego” e polo “seu compromiso coa responsabilidad social, a innovación, a calidade e o seu modelo de xestión orientado a unha sostibilidade económica, social e medioambiental no que as persoas son o primeiro”.

Acompañado polo director xeral da cooperativa, José Luis Antuña, e o presidente de Feiraco, José Montes, José Ángel Blanco agradeceu a Cooperativas Agro-Alimentarias esta distinción porque supón “un novo estímulo para seguir ofrecendo servizos de calidade aos is de 3.500 socios dunha trintena de municipios galegos cos que conta actualmente CLUN e a proba de que o cooperativismo é o camiño correcto para asegurar a competitividade do sector nos mercados globais con dimensión, eficiencia, calidade e innovación, e garantir, así mesmo, que o beneficio reverta nos gandeiros de forma directa”. Blanco subliñou ademais que este “non é un recoñecemento parcial a unha compañía, senón o premio ao esforzo colectivo dos nosos socios gandeiros que contribúe a fomentar o orgullo de pertenza ao medio rural”.

Dende a súa constitución en xaneiro de 2017, CLUN marcouse como obxectivos estratéxicos: potenciar os servizos técnico-económicos da cooperativa para acadar unha maior eficiencia dos custos de produción dos seus socios; a optimización do prezo dos subministros en mellores condicións de competitividade, e gañar volume para mellorar a cadea de valor do agro galego e contribuír á súa estruturación, impulsando a sostibilidade da produción láctea.

Así, na actualidade conta con máis de 3.500 socios, cinco fábricas e tres centros de traballo situados en 30 municipios do norte e centro de Galicia, zonas claves no desenvolvemento do sector lácteo europeo. A súa actividade estrutúrase en tres divisións: lácteos, que articula a recollida, envasado e distribución de leite e outros derivados; subministros, encargada de proporcionar ao socio os produtos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade, con fábricas de produción de pensos, bombas de gasóleo e tendas agrarias, e a división de servizos, que apoia a xestión eficiente das gandeirías tanto na vertente económica e financeira como no asesoramento técnico en diferentes ámbitos.

Premios

Os Premios Cooperativas Agro-Alimentarias de España recoñecen o labor e o esforzo das cooperativas en ámbitos concretos en tres categorías, además da de “Cooperativa do Ano”. Nesta terceira edición, Unió Corporació Alimentaria recibiu o premio na categoría de Desenvolvemento Rural” polas súas actuacións de carácter social dirixidas á súa contorna rural, con iniciativas que persiguen a incorporación de mozos, novos servizos para socios, patrocinio das actividades da comunidade rural, oportunidades de emprego, mellora de vida de colectivos desfavorecidos ou benestar da comunidade. Na categoría Igualdade de Oportunidades” resultou galardonada Nuestra Señora de las Virtudes pola súa aposta pola igualdade de oportunidades e fomentar o empoderamento e liderado da muller nas cooperativas agroalimentarias. No apartado de Innovación” foi recoñecido o Grupo AN por levar a cabo procesos e métodos innovadores en materia de produción agraria, procesos de transformación, novos produtos e/ou organización empresarial.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)