Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A importancia da innovación e a transformación dixital no crecemento empresarial



REDACCIÓN · PUBLICADO O 31 DE MAIO DE 2018 · (0)



Joaquim Vilà analizará estes dous principios como claves da dirección no XI Encontro do IESE en Galicia, que se celebrará o mércores no Museo de Arte Contemporánea de Gas Natural Fenosa, na Coruña.


Baixo o título “Transformación dixital vía innovación: principios de dirección”, Joaquim Vilà, profesor de Dirección Estratéxica, Innovación e Design Thinking do IESE, iniciará a súa ponencia ás 16.30 horas, nunha xornada na que tamén participará Isabel Lara, vicepresidenta de Atrevia, que centrará a súa intervención en “Procesos dixitais na comunicación interna e externa da empresa”.

O XI Encontro de Alumni de IESE en Galicia, que se celebra co lema A innovación permanente e transformación dixital: motores de progreso e crecemento da empresa”, é a reunión anual que esta escola de negocios celebra na comunidade autónoma, que está dirixida fundamentalmente a antigos alumnos do IESE e na que se busca afondar en temas de especial interese para a empresa e os directivos. En Galicia, esta business school conta con preto de 600 antigos alumnos e ofrece diferentes programas de formación. A edición 2018 do Programa de Desenvolvemento Directivo (PDD), impártese en Santiago de Compostela os xoves de febreiro a xullo, e en xaneiro de 2019 está previsto o comezo dunha nova edición deste programa.

Joaquim Vilà é experto en habilidades de innovación, implementación da xestión da innovación e aprendizaxe empírica sobre design thinking para a resolución de problemas. Traballou como investigador no Reginald H. Jones Center for Management Policy, Strategy and Organization da Wharton School, e como investigador asociado do programa de Dirección e Tecnoloxía do mesmo centro. Ademais exerceu como consultor en máis de 50 empresas nacionais e internacionais, entre as que se contan Roche Diagnostics, Amgen, Telefónica, Komatsu, Nutrexpa, Uniland, APLI, Henkel, Nestlé, Premo e Sener, entre outras. Es tamén director de innovación no consello de administración dalgunhas empresas españolas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)