Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os alumnos do Máster da Avogacía da Coruña poderán cursar un semestre na Fordham University School of Law de Nova York



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE XUñO DE 2018 · (0)



Representantes do Colexio de Avogados da Coruña e da Facultade de Dereito da UDC presentaron onte o convenio subscrito coa universidade estadounidense, que posibilita unha oferta única nas universidades públicas españolas.


No acto de presentación participaron o decano do Colexio de Avogados da Coruña, Augusto Pérez-Cepeda Vila, e o decano da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, José Antonio Seoane Rodríguez, que destacaron a posibilidade que ofrece este convenio aos alumnos do Máster da Avogacía de ampliar os seus estudos nunha universidade estadounidense referente en materia legal, ademais da relevancia que dá á Coruña, xa que alumnos seus poden formarse e volver con estes coñecementos adquiridos.

Segundo explicaron ambos decanos, o convenio facilita que os alumnos do Máster de Avogacía poderán cursar un programa específico do Legal English Institute durante o terceiro semestre do Máster nesta universidade de Nova York. Trátase dun programa integrado por seis materias, que permitirá aos futuros avogados adquirir coñecementos de Common Law e de dereito estadounidense e se impartirá dentro do calendario académico do Máster de Avogacía, ofrecendo ademais un acceso en condicións económicas vantaxosas cunha rebaixa do 33% das taxas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)