Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

España destaca en comercio internacional



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE XUñO DE 2018 · (0)



O informe de competitividade do Centro de Competitividade Mundial do International Institute for Management Development (IMD) de Lausana sitúa a este país no posto 18 nunha clasificación de 63 estados.


Entre as análises comparativas que ofrece o anuario do IMD figura como dato o comercio internacional, que é un dos piares para valorar a eficiencia económica dun país, xunto coa situación interna da economía, o investimento internacional, o emprego e os prezos. O indicador do comercio internacional analiza, entre outros, a situación das balanzas comerciais e por conta corrente, as exportacións e importacións de bens e servizos, a relación real de intercambio, os ingresos por turismo e os tipos de cambio.

Na clasificación internacional de 63 países destacan, en primeiro lugar, os Emiratos Árabes Unidos, Singapur no segundo e Hong Kong no terceiro. Luxemburgo figura no posto catro, sendo o país mellor situado da Unión Europea. A continuación están os Países Baixos (5), así como Lituania (7), Estonia (8) e Hungría (10).

Entre os 20 primeiros sitúanse gran parte de estados membros da UE, como Bélxica, Alemaña e Irlanda, entre outros. España ocupa o posto 18, o que avala a boa marcha do noso comercio internacional. Italia, Estonia, Suecia, Portugal e Dinamarca figuran entre os 30 países mellor clasificados. O Reino Unido figura no posto 32, Francia no 33 e Finlandia no 37. Grecia (40) e Romanía (43) son os países que aparecen nos últimos lugares entre os países da UE.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)