Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Algunhas casas rurais xa admiten 'bitcoins'



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE XUñO DE 2018 · (0)



Aínda que sexa un sector que semelle ser  máis tradicional, segundo o portal clubrural, o avance paulatino e a preocupación dalgúns empresarios por ofrecer todas as facilidades, fixo que esta moeda tamén chegue a el.


É o caso de Aldea Ecorural en Vilar de Canes, Castellón–, onde desde agosto de 2017 pódese facer a reserva do aloxamento e pagar con esta moeda. Segundo Javier Simó, o propietario, é un pago moi sinxelo: “só tes que ter a túa carteira de moedas e comprobar no momento da reserva o prezo actualizado do Bitcoin. As reservas e pagos pódense realizar sen intermediarios e sen comisións abusivas”.

O cambio por euros e dólares é moi sinxelo e implementalo é un punto a favor tanto para os viaxeiros como para os propietarios. É un dos aspectos que Javier destaca. Ademais remarca que a súa seguridade é máxima: “o sistema criptográfico é tan potente que fai imposible a súa falsificación ou duplicación”, algo moi bo tendo en conta a desconfianza que segue xerando facer transaccións online a algunha xente.

Segundo o propietario de Aldea Ecorural, “as criptomoedas están a dar moito de que falar e iso é bo para o futuro”, ademais confía en que aos poucos vaian chegando máis viaxeiros interesados nesta forma de pago. O turismo rural desenvólvese en localidades pequenas, pero emprendedores como Javier dan un empuxón á profesionalización sen medos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)