Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Antídotos para saír airoso dunha pregunta envelenada



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE XUñO DE 2018 · (0)



O experto en comunicación persuasiva Marcelo Castelo presenta o luns na Cámara de Comercio de Santiago o seu novo libro "¡Si lo sé, no lo digo!", unha publicación onde se desvelan as "poucas verdades da comunicación non verbal" e se dan claves para saír airosos dunha comparecencia pública. 


A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro luns, 4 de xuño, a presentación do libro ¡Si lo sé, no lo digo! (Editorial Urano, 2018) escrito por Marcelo Castelo, primeiro autor galego de Empresa Activa (selo editorial líder en narrativa empresarial en España e Latinoamérica) e experto en comunicación persuasiva e liderazgo carismático. O acto, que se celebrará ás 20:00 horas no salón de actos, será presentado polo secretario xeral da Cámara, Fernando Barros, e o profesor de Ciencia Política da Universidade de Santiago Xosé Luis Barreiro Rivas. Trala presentación do libro, Marcelo Castelo impartirá unha conferencia titulada “Os moitos mitos e as poucas verdades da comunicación non verbal”. Os interesados en asistir deben inscribirse en www.camaracompostela.com.

A publicación fala de como estar preparado para responder a todo tipo de preguntas e así poder xestionar as emocións, a comunicación non verbal e ata a mentira, ante cuestións que se poden formular en conferencias, roldas de prensa, entrevistas xornalísticas ou laborais, comparecencias xudiciais ou en calquera situación cotiá.

Marcelo Castelo sinala que o libro está pensado para a súa utilidade en todos os aspectos da vida e inclúe consellos e exemplos das situacións nas que socialmente estamos máis expostos. A obra ten tres partes independentes entre si. Na primeira recóllense unha serie de consellos para soportar o momento das preguntas co obxectivo de aprender a sortear cuestións incómodas e, no caso de atoparse en situacións pouco amigables, ser capaces de dar respostas eficaces con credibilidade. Son os antídotos ou técnicas que se poden utilizar para saír airosos ante unha pregunta envelenada. Na segunda parte do libro expóñense as claves para xestionar un coloquio, e profúndase no tipo de preguntas que se poden recibir e o que se podería esperar de cada unha delas, á vez que se dan unhas orientacións sobre como prepararse para un escenario con preguntas.

Por último, expóñense varios aspectos, como os motivos polos que se deberían ou non aceptar as quendas de preguntas en comparecencias públicas, como inflúen as emocións cando se recibe unha pregunta incómoda ou a oportunidade ou non de mentir en diferentes escenarios.

Para a redacción desta obra seminal o autor entrevistou a 76 profesionais de máximo nivel: médicos, avogados –penalistas, fiscais, xuíces–, empresarios, directivos, responsables de persoal e intelectuais. Ademais, tamén contou coa opinión de asesores de comunicación, políticos e xornalistas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)