Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Gadis gaña o Premio Excelencia á Saúde 2018



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE XUñO DE 2018 · (0)



Co programa de visitas escolares “Alimentes” achega material didáctico de apoio aos docentes, que se complementa con visitas guiadas aos supermercados. En 2017, 8 localidades albergaron a iniciativa: A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Vigo, Valladolid e Ponferrada. E este ano incorpórase Salamanca.


O premio recollérono nunha gala no Teatro Echegaray de Málaga no marco do SaludFestival da Fundación Mundo Cidade. En representación de Gadisa estaba Antía Fernández, do departamento de Márketing, xunto a Noelia López, membro da consultora  inTheMove.  Encargáronse da entrega Toñi Prieto, Directora de Programación de Entretemento de RTVE, e Jefferson, concursante de “ MasterChef Junior”.

“Alimentes”, que mereceu o recoñecemento na categoría de Alimentación Saudable, divídese en catro bloques temáticos: alimentación saudable, vida activa, consumo responsable e desperdicio alimentario. O obxectivo é fomentar bos hábitos de vida  e consumo responsable que, na presente edición, difundiranse entre máis de 8.000 alumnos de Educación Infantil e Primaria de Galicia e Castela e León.

Este programa ten cunha gran acollida desde hai 15 anos, e forma parte do programa de Responsabilidade Social Corporativa da empresa galega, que no último exercicio, apoiou máis de 2.100 accións.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)