Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O acordo formativo de Asime e Galicia Business School



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE XUñO DE 2018 · (0)



O convenio que veñen de asinar presta especial atención a dous grupos: os profesionais e directivos que levan anos traballando e necesitan actualizarse, e recén titulados e mozos en proceso de incorporación ás empresas.


A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia e a escola de negocios presentárono o 31 de maio, na sede de Vigo dos empresarios. O convenio materialízase cun máster impartido por profesionais de empresas en activo que ensinarán o que están a facer no seu día a día. O máster céntrase na xestión da cadea de subministracións ou “supply chain” e a loxística, e dura 450 horas. Pero haberá tamén programas curtos e conferencias.

Ademais deste programa máster impartiranse diferentes programas enfocados á xestión da cadea de subministración e loxística, e conferencias e “ master clasess” en aberto. A primeira xa ten data pechada: o 13 de xuño, co relatorio de August Casanovas, fundador do Instituto Lean e experto en Operacións, Loxística e Lean Supply Management.

O secretario xeral de Asime, Enrique M.  Mallón (á dereita da imaxe), manifestou que “pretendemos que os nosos profesionais coñezan as formas e técnicas máis adecuadas para ser máis protagonistas en cadeas de subministración industriais, nas que aínda non temos alta presenza, e fortalecernos nas que participamos actualmente como a automoción, a construción naval, a eólica mariña ou a aeronáutica”. E o director de Galicia Business  School, Eduardo García Erquiaga, destacou a importancia dunha colaboración pola que “Vigo converterase na capital da formación en cadea de subministración e loxística de Galicia”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)