Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A campaña de verán xerará 66.100 contratos en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE XUñO DE 2018 · (0)



Trátase dun incremento do 9%, tres puntos por debaixo da media nacional, aínda que na provincia de Ourense acadará o 17% e na da Coruña o 11%. Lugo (8%) e Pontevedra (7%) pechan este crecemento, segundo as previsións de Adecco.


Os datos positivos dados a coñecer onte sobre o mercado laboral, correspondentes ao mes de maio, veranse reforzados polo comezo da tempada estival que, como noutras ocasións, permitirá a miles de desempregados atopar un posto de traballo. Os meses de xuño a setembro supuxeron sempre un impulso nas contratacións representando incrementos interanuais de ata un 20% en todo o país. Nesta ocasión, a empresa de recursos humanos prevé un incremento interanual do 12% a nivel nacional, o que supón a creación de preto dun millón e medio de contratos en áreas tipicamente ligadas á contratación estival como a hostalaría e o turismo, aínda que tamén os haberá noutras áreas do sector servizos ou na industria.

O emprego na campaña do verán reflicte unha gran concentración territorial e, como xa ocorreu noutras ocasións, só unha poucas comunidades autónomas xerarán a maioría de contratos. Nesta liña, Cataluña, a Comunidade de Madrid, Murcia, Andalucía e a Comunidade Valenciana acapararán case sete de cada dez empregos estivais. Este desequilibrio pode deberse á importante compoñente turística destas zonas en contraposición a outras nas que, ou ben a afluencia de turistas é menor ou ben as súas economías están máis diversificadas e o peso do turismo non é tan representativo.

Con 66.100 novos empregos, Galicia ocupa o oitavo posto entre as rexións que máis contratos asinarán este varán, moi afastada dos 275.200 que haberá en Cataluña e dos 214.200 da Comunidade de Madrid. Ademais, tampouco está entre as que rexistran un maior crecemento de novos empregos, ocupando xunto a Cataluña a novena posición neste ranking. Cun incremento do 9% está a tres puntos porcentuais do que haberá no conxunto de España e estará moi lonxe dos que rexistren autonomías como Murcia (18%), Madrid (17%), Asturias (17%), e Andalucía e a Comunidade Valenciana, ambas cun 15%.

Por provincias, Pontevedra liderará a contratación galega grazas aos seus 31.340 novos empregos, que a sitúan como a décima provincia con máis contratacións a nivel nacional. Séguenlle a da Coruña, que asinará 27.710 contratos; e as de Ourense e Lugo, nas que haberá 3.710 e 3.350 novos postos de traballo, respectivamente.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)