Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Aimen recibe o Premio da Industria da Auga do Reino Unido polo seu proxecto Incover



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE XUñO DE 2018 · (0)



A iniciativa ten como obxectivo desenvolver tecnoloxías innovadoras e sostibles para a recuperación de recursos de valor engadido a partir de augas residuais urbanas e industriais, empregando metodoloxías intelixentes de control e operación.


O centro tecnolóxico galego recibiu o Water Industry Awards 2018 na categoría iniciativa de recuperación de lodos e recursos gracias a un proxecto europeo que lidera. Estes premios, que organizan WET News e Water & Wastewater Treatment e se outorgaron na ceremonia celebrada en Birmingham o pasado 21 de maio, son uns dos galardones máis prestixiosos da industria do auga en Europa. Por parte de Aimen, recolleu o galardón Ambroise Vandewynckele, o seu responsable de I+D+i (terceiro pola dereita, na imaxe de apertura).

No marco deste proxecto estanse levando a cabo tres casos de estudo. O primeiro está ubicado nas instalacións da Universidade Politécnica de Cataluña, en Viladecans, e o seu obxectivo é tratar auga residual de orixe agrícola con cianobacterias en fotobiorreactores para obter bioplásticos e, co apoio doutras tecnoloxías, tamén se consegue xerar biometano, biofertilizantes e auga apta para o uso agrícola.

O segundo caso valídase nas instalacións de Aqualia, en Chiclana de la Frontera (Cádiz), e Almería, e aplica bacterias e microalgas para tatar auga urbana en sistemas de lagoas abertas, cos que se obteñen bioplásticos e se recuperan nutrintes como fósforo e nitróxeno, así como auga para regadío. O último caso de estudo sitúase en The Helmholtz Centre for Environmental Research-UFZ (Leipzig-Alemania) e encárgase de tratar augas procedentes de restauración con lévedos co obxectivo de conseguir ácido cítrico, un composto moi demandado na industria química.

Aimen, ademais de coordinar a iniciativa, está probando a escala demostración desenvolvementos propios de sensores ópticos para monitorizar e controlar a produción de ácidos orgánicos e bioplásticos, cos que consigue reducir ao 50% o custo total de operación e mantemento.

Área medioambiental

A unidade de I+D+i en Tecnoloxías Ambientais do centro tecnolóxico galego, coordinada por Luz Herrero, centra as súas innovacións no tratamento de augas residuais mediante tecnoloxías baseadas en procesos naturais; o control da calidade da auga a través de sensores ópticos e fotónicos; a valorización de residuos mediante a produción de biogás ou de novos materiais, como os xeopolímeros; ou a ecoeficiencia e análise de impacto ambiental de novos procesos e produtos.

En palabras de Luz Herrero, gañar este prestixioso premio supón para Aimen “un recoñecemento internacional e visibiliza o esforzo que realizou o centro tecnolóxico nos últimos anos para transferir os seus resultados en investigación e levalos ao seu máximo nivel de excelencia e aplicación no sector do medio ambiente para contribuír á economía circular”. Ademais, indica que “é moi alentador que sexa o propio sector da auga o que recoñeza a valía do proxecto Incover, xa que facilita a implantación futura dos resultados desta iniciativa”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)