Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A coruñesa Nadia Calviño, nova ministra de Economía



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE XUñO DE 2018 · (0)



Nadia Calviño Santamaría (A Coruña, 1968) será a nova ministra de Economía do Goberno de Pedro Sánchez. Con experiencia no Ministerio do que se vai facer cargo, onde traballou durante máis dunha década, nos últimos anos estivo en posto de responsabilidade da Unión Europea, onde era directora xeral de Orzamentos.


Nada na Coruña en 1968, Nadia María Calviño Santamaría é licenciada en Económicas pola Universidade Complutense de Madrid e en Dereito pola UNED, e filla de José María Calviño, antigo director xeral de Radio Televisión Española

Calviño iniciou a súa traxectoria como consultora para firmas de avogados e profesora asociada na Universidade Complutense. En 1994 entrou no Ministerio de Economía, onde traballou no Servizo de Defensa da Competencia ás ordes do entón secretario de Estado Luis de Guindos. Tras a chegada de Pedro Solbes ao Ministerio foi promovida á comisión Europea (2006), onde ocupou os postos de directora xeral adxunta na Dirección Xeral de Competencia, na Dirección Xeral de Mercado Interior e no departamento de Servizos financeiros. Desde 2014 era directora xeral de Orzamentos.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)