Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Antonio López reclama máis investimento na toma posesión como novo reitor da USC



PUBLICADO O 06 DE XUñO DE 2018 · (0)



O catedrático de Dereito Financeiro e Tributario Antonio López Díaz tomou posesión como reitor da Universidade de Santiago de Compostela nun acto protocolario que presidiu en Fonseca o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González. 


Na sesión en que o reitor Juan Viaño cedeu a medalla e bastón de mando ao novo reitor tamén participaron os reitores da Coruña, Julio E. Abalde Alonso, e de Vigo, Salustiano Mato de la Iglesia, así como numerosas autoridades políticas e sociais de Galicia. 

Antonio López comezou o seu discurso falando da USC como "unha universidade fortemente enraizada e comprometida cos problemas da nosa sociedade, da galega, pero con vocación universal" e advertía de tres elementos que configuran "un ámbito de incertezas" cara ao futuro inmediato: "o escenario financeiro, a perda de persoal e unha autonomía cuestionada”. 
Con respecto ao primeiro, reclamoulle ao Goberno galego un incremento do financiamento da universidade pública, "toda vez que a Comunidade Autónoma xa recuperou o nivel de gasto non financeiro anterior á crise", e avogou por unha evolución cara a un incremento do financiamento incondicionado fronte ás subvencións finalistas ademais de ter en conta "as peculiaridades da estrutura de gasto de cada Universidade". Tamén no aspecto económico advertiu da "necesidade" de refinanciar a débeda para non "afogar" o desenvolvemento da universidade e permitir o "efectivo cumprimento" da súa función social. 
Recuperar persoal
O actual reitor comprometeuse a abordar un Plan de recuperación de persoal "que pasa necesariamente por limitar as figuras de substitución e pola estabilización en prazas estruturais para loitar contra a precariedade, asegurar a promoción dos distintos colectivos e a definición de plans a medio prazo". 
Así mesmo, fixo un chamamento á autonomía universitaria como garante do "noso fortalecemento democrático". A autonomía non é "un privilexio do goberno da universidade, é unha esixencia para preservar a súa función e a única forma de garantir un modelo equilibrado de relacións entre a Universidade e as outras Administracións", asegurou. E rematou a súa intervención agradecéndolle ao profesor Juan Viaño a súa dedicación e esforzo, del e do seu equipo, para facer fronte a unha conxuntura certamente difícil". 
Despedida 
Pola súa banda o reitor saínte desexoulle "a mellor das fortunas" e asegurou sentirse honrado po "dirixir esta institución" e "poder traballar por ela dende a miña cátedra de matemática aplicada; seguir a construír, como un máis, un camiño cara o mellor dos futuros". Juan Viaño afirmou que marcha "coa certeza de ter feito todo o posible, nunhas condicións que en nada axudaron a cumprir soños". 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)