Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha errónea xestión do risco medioambiental



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE XUñO DE 2018 · (0)



Reunidos no Foro Inade na Coruña, os expertos advirten de que as empresas non realizan unha xestón axeitada neste sentido, e lembran que deben presentar antes do 31 de outubro unha “declaración responsable”, indicando ter feito unha análise de responsabilidade medioambiental.


A Tribuna de Foro Inade acolleu o luns unha xornada de traballo para analizar o risco da responsabilidade medioambiental, abordando as novas obrigas que os empresarios deben ter en conta a partir do 31 de outubro. A mesa redonda, que estivo presentada e moderada polo director de Fundación Inade, Adolfo Campos, contou coa presenza de José Luis Lorenzo Cantero, director de Responsabilidade Medioambiental de AIG en España; José Luis de Heras Herráiz, director xerente do Pool Español de Riscos Medioambientais, e Santiago Cristín Mariño, representante da Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia (Aproema) e responsable da Área de Servizos Ambientais do despacho Javier de la Cerda Asociados.

En concreto, as reflexións centráronse na análise da Orde APM/1040/2017 do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama), pola que se establece, entre outras medidas, a data a partir da será será esixible a constitución da garantía financeira obrigatoria para as actividades clasificadas como nivel de prioridade 1 e 2.

A xornada foi inaugurada polo presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla Ramil, que resaltaba a necesidade de organizar xornadas para “a vixilancia activa dos cambios lexislativos e o asesoramento a empresas, que pretenden facer realidade o compromiso empresarial co medio ambiente facilitando o apoio e asistencia técnica na resolución de consultas”.

Así mesmo, lembrou que dende a Confederación Española de Organizacións Empresariais e en colaboración co Magrama, se desenvolveron numerosas ferramentas de tipo sectorial para a análise de riscos, directrices técnicas simplificadas e fichas orientativas. Á súa vez, “dende a CEC, unha das organizacións integradas na CEOE, impulsamos que o tecido empresarial da provincia desenvolva unha cultura preventiva como a mellor ferramenta para a sostibilidade económica, social e ambiental”.

Na presentación, Adolfo Campos volvieu recalcar, pola súa banda, que “na maioría das ocasións, o nacemento dunha fundación vén cubrir un espazo que, sendo necesario, non ten o apoio suficiente da Administración Pública.”

Repoñer o ben

Como inicio da sesión, lembrábase que dende o ano 2007, momento en que se transpuxo á normativa española a Directiva 2004/35 de 30 de abril, os empresarios deben afrontar unha nova responsabilidade: a responsabilidade medioambiental. Esta responsabilidade é ilimitada, xa que a empresa ten que facer fronte á totalidade do custo das súas obrigas ata a reparación completa dos danos medioambientais causados; é dicir, que se debe repoñer o ben ás condicións que ta no momento anterior a que fose dando.

Nesta norma relacionábase unha serie de sectores profesionais aosque se obrigaba a realizar unha análise do risco medioambiental da súa actividade profesional, para avaliarla contía do posible dano que pudesen orixinar, e a constituír unha garantía financeira por esa responsabilidade medioambiental. Esta garantía cubrirá, se supera os limiares establecidos na norma, os custos estimados das accións de prevención, evitación e reparación primaria en caso de sinistro.

Niveis

O conxunto das actividades clasificadas ordenouse por niveis de prioridade establecéndose tres categorías. En 2017 outra Orde do Magrama estableceu as datas de entrada en vigor dos niveis de prioridade 1 y 2. As actividades de prioridade 1 (determinadas instalacións de combustión e empresas adicadas á xestión de residuos) deben constituír unha garantía financeira antes do próximo 31 de outubro. Esta garantía financeira pode ser transferida á industria aseguradora a través dunha póliza de seguro de responsabilidade medioambiental ou asumila a propia empresa a través dun aval concedido por unha entidade financeira autorizada para operar en España, ou a través da constitución dunha reserva técnica no seo da propia empresa. Esta obriga tamén será aplicable a partir do 31 de outubro de 2019 ás empresas de nivel de prioridade 2. A garantía financeira estará destinada específica e exclusivamente a cubrir as responsabilidades medioambientais do operador que se deriven da súa actividade económica ou profesional.

Ademais, os titulares destas actividades terán que presentar antes do 31 de outubro unha “declaración responsable” ante as autoridades medioambientais, indicando que se realizou a correspondente análise do risco medioambiental da súa actividade, e expresando que se presenta a garantía financeira na contía correspondente á análise efectuada ou ben que non se presenta por non acadaro risco analizado os limiares establecidos.

Mala xestión

Dada a súa experiencia, os expertos da mesa redonda confirmaron que, na súa maioría, as empresas non xestionan adecuadamente o risco medioambiental, xa que estas obrigas non están sendo tidas aínda en conta polos directivos e titulares das actividades.

Durante o debate púxéronse de manifesto ademais as diferenzas existentes entre os danos medioambientais causados por incorrer nun feito relacionado coa responsabilidade civil dun empresario e a propia responsabilidade medioambiental. A este respecto, destacouse que a medioambiental se refire exclusivamente ao dano causado aos recursos naturais (especies silvestres e o seu hábitat, acuíferos, solos e subsolos), que é reclamado polas administracións públicas ao titular da actividade económica ou profesional que causou ese dano. Neste caso, a obriga do responsable será minimizar o alcance do dano producido, reparar completamente as consecuencias, devolvendo os bens ao seu anterior estado e manter informada á administración competente. Sen embargo, no caso de danos causados por unha responsabilidade civil xenérica, referiranse a cando se causa un dano á integridade patrimonial ou persoal de entidades privadas ou persoas, e é reclamado directamente polo suxeito danado; neste caso a obriga será a de indemnizar e reparar o prexuicio causado ao terceiro.

Ademais, os expertos lembraron que pese a que a Lei de Responsabilidade Medioambiental non é unha norma sancionadora, contén un capítulo de sancións a aplicar se as empresas non cumpren as súa obrigas. Ademais da esixencia de reparación do dano –aplicable en todo caso– se imporá unha sanción administrativa ou incluso unha pena conforme ao Código Penal (se se cometeu un delito ecolóxico).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)