Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A ampliación do Corredor Atlántico incluirá a conexión cos portos da Coruña e Vigo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE XUñO DE 2018 · (0)



A Comisión Europea incluiu na súa proposta de revisión do Mecanismo Conectar Europa (CEF) a ampliación dos Corredores Atlántico e Mediterráneo que solicitou o Ministerio de Fomento, incorporando o itinerario A Coruña-Vigo-Ourense-León.


Esta revisión prodúcese na negociación do próximo marco financeiro plurianual 2021-2027, e propón que se destinen 30.600 millóns de euros para financiar as redes transeuropeas de transporte (Regulamento CEF), priorizando, ao igual que no período actual, os corredores europeos. Adicionalmente, o regulamento propón itinerarios de financiamento prioritario en certas liñas como a condución autónoma, e inclúe o corredor Cantábrico viario completo entre eles. Exceptuando os 11.300 millóns destinados a países de cohesión, España poderá optar a recibir parte deste presuposto para o desenvolvemento dunha rede transeuropea de transporte eficiente, sostible, conectada, inclusiva e segura.

A proposta española, elaborada polo Ministerio de Fomento, foi remitida en decembro e incluía, xa entón, toda a extensión dos Corredores Atlántico e Mediterráneo que se incorpora ao novo regulamento. Iníciase agora o trámite de aprobación polo Parlamento Europeo e o Consello para que entre en vigor en 2021. En concreto, os itinerarios que se incorporan aos corredores son os seguintes:

  • A Coruña-Vigo-Ourense-León.
  • Xixón-León-Venta de Baños.
  • Huelva-Sevilla.
  • Zaragoza-Pamplona/Logroño-Conexión corredor.
  • Vía fluvial do Guadalquivir.
  • Conexións marítimas dos corredores con Canarias e Baleares.

Coa pertenza aos corredores mellórase a conectividade, visibilidade e oportunidades de cofinanciamento destas infraestruturas, pero non se garante a obtención de fondos europeos para elas, pois a necesidade financeira estimada para o desenvolvemento completo da rede é maior que o presuposto dispoñible.

Mecanismo Conectar Europa

Os corredores europeos multimodais da rede básica establecidos no Regulamento UE 1316/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, coñecido como Regulamento CEF, constitúen as arterias principais da Rede Transeuropea de Transporte (TEN-T) dentro da Unión Europea. Neles concéntranse os principais fluxos de mercadorías e persoas, dando así servizo á maior parte da súa poboación e empresas.

Por España discorren dous dos nove corredores definidos: o Atlántico e o Mediterráneo e cruzan por 10 das súas 17 comunidades autónomas (NUTS 2): Andalucía, Murcia, Comunidade Valenciana, Cataluña, Estremadura, Castela- A Mancha, Madrid, Aragón, Castela e León e País Vasco. Mediante esta ampliación veranse beneficiadas as comunidades autónomas de Navarra, A Rioxa, Cantabria, Asturias e Galicia, Canarias e Baleares, con 8,5 millóns de habitantes (en 2016) e un produto interior bruto de 188.916 millóns de euros, o que representa o 18,28% de poboación, que xera case o 17% do PIB total de España.

No actual período financeiro 2014-2020 os fondos CEF para transportes foron principalmente destinados aos corredores da rede básica. Así, o 85% dos fondos a España foron dirixidos a actuacións nos corredores Atlántico e Mediterráneo, ben en infraestruturas ou ben en instalacións sobre eles como o Ertms ou o despregue de infraestrutura de subministro de combustibles alternativos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)