Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Novo récord solidario



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE XUñO DE 2018 · (0)



O “Maio Solidario” de Gadis supera os 177.000 quilogramos de alimentos recollidos e suma xá máis de 800.000 nas seis edicións desta iniciativa na que resultan claves o altruísmo dos clientes e o labor de voluntarios e empregados.


A recollida de alimentos non perecedeiros acadada nesta edición acadou os 150.600 quilogramos, o que supón un incremento do 8,5% en comparación coa cantidade obtida en 2017. Pero a esta cantidade hai que sumar unha achega directa de 27.200 kg efectuada pola compañía de distribución galega, co que a cantidade total entregada é de 177.800 kg aos 12 bancos de alimentos cos que colaborou nesta ocasión.

Este notable incremento refrenda o chamamento que vén facendo a compañía, apoiado pola xenerosidad dos seus clientes e a implicación desinteresada tanto dos voluntarios dos bancos de alimentos como dos seus empregados, que se volcaron un ano máis coa iniciativa “Maio Solidario”.

Os produtos recollidos repártense aos 12 bancos de alimentos de Galicia e Castela e León cos que Gadis colaborou nesta campaña: Rías Altas (A Coruña, Santiago, Ferrol), Vigo, Lugo, Ourense, Valladolid, Salamanca, León, Ponferrada, Palencia, Ávila, Zamora e o Banco Veciñal de Teo.

As seis edicións do “Maio Solidario” desenvolvidas ata a data por esta compañía amosan un balance total de 804.500 kg. A empresa aumentou nesta edición o número de organizacións coas que colabora para abarcar o maior número de persoas posible, sempre baixo o obxectivo de lograr unha maior eficacia e equidade no reparto.

A campaña “Maio Solidario” enmárcase no programa de Responsabilidade Social Corporativa da compañía, que no último exercicio colaborou con máis de 2.100 iniciativas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)