Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Un 73,3% dos mozos empregados españoi ten un contrato temporal



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE XUñO DE 2018 · (0)



A taxa de temporalidade entre os traballadores de 15 a 24 anos está moi por riba da que rexistra o conxunto de profesionais en todos os países da UE. A proporción de temporalidade entre os de 15 a 64 anos era en 2017 do 14,3% na Unión, pero aumenta ao 43,9% entre os mozos.


España liderou a creación de emprego na Unión Europea durante os últimos anos e logrou reducir en case 20 puntos porcentuais a taxa de paro xuvenil, que pasou dun 55,5% en 2013 a un 38,6% en 2017. Un dos retos que hai que abordar agora é o de reducir a elevada taxa de temporalidade entre os mozos.

España é o país da Unión Europea coa maior temporalidade laboral entre os asalariados menores de 24 anos, cunha taxa do 73,3%. No conxunto de asalariados españois entre 15 e 64 anos, esa taxa é do 26,8%. A continuación de España, sitúanse Eslovenia cun 71,6%, Polonia (68,2%) e Portugal (65,9%). Italia e Croacia superan o 60%, mentres que Francia acada un 58%. Nos Países Baixos, Suecia e Alemaña máis da metade dos asalariados novos teñen un contrato temporal.

Levemente por debaixo da media europea están Finlandia e Luxemburgo. Dinamarca sitúase preto do 38% e Austria arredor do 35%, mentres que Irlanda rexistra un 30,3%. Os países coas menores taxas de temporalidade son fundamentalmente os estados membros de recente adhesión, pero tamén está entre eles o Reino Unido.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)