Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A CEL analiza os incentivos fiscais pola redución de sinistros laborais



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE XUñO DE 2018 · (0)



A patronal lucense organiza para o xoves unha xornada para informar sobre as últimas novidades en prevención deste tipo de riscos, entre elas as que introduce o RD 231/2017 con diminución das cotizacións profesionais ás empresas que rebaixasen considerablemente estes accidentes.


A xornada da Confederación de Empresarios de Lugo, organizada co financiamento da Fundación Estatal para a Prevención de Riscos Laborais FSP, leva por título “Redución da Siniestralidade Laboral” e analizaráos diferentes conceptos relacionados coa sinistralidade, así como as diferenzas entre accidentes, enfermidades e incidentes; a evolución da sinistralidade en España; avaliación de custos de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, ou os beneficios tanxibles e intanxibles da prevención de riscos laborais.

A xornada terá lugar en Lugo, na sede central da CEL (Praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª planta) o xoves a partir das 10.30 horas, e contará coas achegas de Adela Pérez Arias, licenciada en Dereito e master en PRL, e actualmente directora da Delegación de Lugo de Norprevención SL, sociedade acreditada como Servizo de Prevención Alleo (SPA). Aínda que o acceso é gratuíto, as prazas son limitadas e se cubrirán por riguroso orde de inscrición, que pode tramitarse a través da web www.cel.es ou chamando ao 982231150.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)