Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cómpre mellorar a infraestrutura tecnolóxica



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE XUñO DE 2018 · (0)



Así o indica o Informe 2018 do Centro Mundial de Competitividade do IMD (International Institute for Management Development de Lausana), que mantén a España no posto 28 nun listado de 63 países sobre este tipo de instalacións.


Segundo este informe, China é o país coa mellor infraestrutura tecnolóxica do mundo, por diante de Singapur no posto dous e os Estados Unidos no tres. Israel ocupa o cuarto lugar, e Finlandia destaca como o país da UE-28 mellor situado na clasificación en quinto lugar. Entre os dez primeiros no ranking figuran outros tres países da UE –Dinamarca, Suecia e os Países Baixos–, xunto con Noruega e Suiza.

Francia, o Reino Unido, Alemaña e Irlanda son os catro países da Unión Europea que figuran entre os 20 primeiros, ao lado de Corea, Xapón e Taiwán. Na lista dos 30 mellor clasificados figura España no posto 28, o mesmo que ocupaba hai un ano. Esta posición media do noso país implica que temos que avanzar no fortalecemento e a mellora da nosa infraestrutura tecnolóxica, sen descoidar a infraestrutura científica na que tamén ocupamos só o posto 28.

Portugal figura no posto 31, Luxemburgo no 32, Italia no 33 e Grecia no 42. Os países da UE que contan coa valoración máis baixa da súa infraestrutura tecnolóxica son Hungría, Bulgaria, Croacia e Chipre.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)