Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia sitúase por debaixo da media nacional na taxa de ocupación de menores de 25 anos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE XUñO DE 2018 · (0)



Mentres este indicador aumenta 5,4 puntos porcentuais en España, dende o 58,3% do primeiro trimestre de 2017 ao 63,7% ao remate do pasado marzo, en Galicia diminúe case un punto no mesmo período, do 64,5% ao 63,6%.


En total son 35.800 os ocupados menores de 25 anos que había en Galicia no primeiro trimestre deste ano polos 38.000 que había no mesmo período de 2017 e os 86.500 dos tres primeiros meses de 2008, cando a taxa de ocupación deste colectivo acadaba o 80,7% e estaba case dous puntos porcentuais por riba da media española (78,9%). Estes son algúns datos que figuran nun estudo de Randstad sobre estes mozos, no que tamén analiza a taxa de ocupación e o número de ocupados desta idade segundo o nivel de formación, o sector onde desenvolven a súa actividade laboral e a comunidade autónoma na que residen.

A análise destaca que os profesionais menores de 25 anos con formación superior son aqueles que rexistran a maior taxa de ocupación por nivel de formación. En concreto, este colectivo de profesionais, tras catro anos de aumento, acadou unha taxa de ocupación do 78,7%, o que supón un aumento de case 20 puntos porcentuais dende 2014, primeiro dato dispoñible.

Cando se analiza o resto de colectivos, destácase que a maior nivel educativo, maior é a taxa de ocupación. Tras os empregados con educación superior sitúanse aqueles que cursaron estudos secundarios (60,6%) e, por último, os que dispoñen de formación primaria (42,7%). Chama a atención que todos os grupos analizados rexistraron a cifra máis elevada dende 2014, o primeiro ano para o que existen datos. Ademais se detecta que os profesionais con formación superior e secundaria aumentaron de maneira constante dende 2014, mentres que os que dispen de educación primaria tiveron subas e baixadas no período analizado.

Cinco anos de aumento

Analizando a evolución da taxa de ocupación dos menores de 25 anos durante a última década e comparando o seu progreso coa taxa de ocupación de todos os trabajadores, o estudo destaca que, tras cinco anos de incremento constante, a taxa de ocupación dos empregados menores de 25 acadou o seu valor máis elevado dos últimos nove anos (63,7%). Cando se estuda a serie histórica, se detecta que, tras acadar a cifra máis elevada en 2008 (78,9%), este indicador do mercado laboral descendeu durante cinco anos ata mostrar a taxa de ocupación máis baixa de toda a serie histórica en 2013 (43,1%). Dende ese punto, volveu medrar ata superar o 63% neste exercicio.

Tamén destaca que o comportamento da taxa de ocupación a nivel nacional foi igual ao dos menores de 25 anos. É dicir, acadou a súa cifra máis elevada en 2008 (90,4%) para despois descender ata a cifra máis baixa (73,1%) en 2013, e volver medrar durante os seguintes cinco exercicios. Durante todo o período analizado, a taxa de ocupación de menores de 25 anos se situou por debaixo da media nacional.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)