Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O mercado mundial de TIC continúa a súa expansión



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE XUñO DE 2018 · (0)



As vendas de tecnoloxía da información e produtos e servizos de telecomunicacións aumentarán máis dun 3% anual en 2018 e 2019, segundo o último Market Monitor difundido por Crédito y Caución.


Na súa análise, Crédito y Caución advirte de que a incerteza se perfila no horizonte debido ao impacto potencialmente negativo do Brexit, o incremento dos tipos de xuro, as fluctuacións monetarias e os enfrentamentos comerciais internacionais. Non obstante, a pesar destes condicionantes, as empresas continuarán invistindo en TIC a medida que anticipen o crecemento dos ingresos, aínda que se espera que os seus patróns de gasto cambien. Os proxectos en negocios dixitais, o blockchain, o Internet das Cousas e a progresión do Big Data cara algoritmos dirixidos á aprendizaxe automática para a Intelixencia Artificial continuarán sendo os principais impulsores do crecemento.

As empresas TIC enfróntanse a unha presión crecente para acurtar os seus tempos de fabricación, garantir a achega de valor e incluír a tecnoloxía máis avanzada nunha contorna de mercado xeralmente caracterizada pola alta competencia e a presión das marxes. Esta contorna aumenta a probabilidade de fracaso para as empresas de TIC que non sexan quen de adaptarse.

Moitas afrontan a decisión para poder sobrevivir: facerse máis grandes ou buscar un nicho de mercado. Por este motivo, moitas compañías do sector fusionaranse agrupando os seus recursos para o beneficio mutuo, en áreas onde non compiten directamente. Outra estratexia para o sector en 2018 e 2019 serán as fusións, adquisicións e desinvestimentos, que poden proporcionar unha vía rápida para defenderse dos competidores.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)