Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Clúster Audiovisual Galego organiza dúas misións comerciais inversas con Alemaña e Latinoamérica



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE XUñO DE 2018 · (0)



Produtoras do Clúster Audiovisual Galego e delegacións empresariais de Alemaña e Latinoamérica reuniranse a próxima semana para promover a internacionalización e fomentar o contacto entre socios e compañías co fin de establecer acordos comerciais. 

 


Co obxectivo de fomentar a exportación do sector audiovisual galego, o Clúster Audiovisual Galego organiza dúas Misións comerciais inversas con Alemaña e Latinoamérica, no marco da segunda edición do foro internacional de coprodución de ficción para televisión Conecta FICTION, que terá lugar en Santiago de Compostela do 18 ao 21 de xuño. O Clúster promoverá encontros entre as súas empresas e potenciais coprodutores e distribuidores alemáns e latinoamericanos. 

 

As misións comerciais inversas do audiovisual con Alemaña e Latinoamérica inclúen diversas actividades como obradoiros e encontros coas empresas de ambas delegacións, entre eles, os que se celebrarán o xoves 21 de xuño na Cidade da Cultura. 

As empresas galegas que se reunirán a vindeira semana coas delegacións convidadas son Adivina Producciones, Agallas Films, Congo Producciones, CTV, Ficción Producciones, Gaitafilmes, Portocabo, Tamboura Films, Xamalú Filmes e Zenit Televisión. 

Con estas accións, o Clúster Audiovisual Galego busca promover a internacionalización das súas empresas e tamén fomentar o establecemento de contactos iniciais entre os socios e as compañías procedentes de Alemaña e Latinoamérica que puideran culminar en acordos comerciais. 

Ambas as dúas misións realízanse dentro do Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios, co apoio financeiro do Igape, Xunta de Galicia e UE. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)