Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O crédito a empresas reduciuse en 352.000 millóns na última década



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE XUñO DE 2018 · (0)



Pasou de 943.000 millóns de euros a 591.000 millóns, o que supón un descenso do 37%. En 2007 a taxa de morosidade situábase no 0,7%, subiu ata tocar teito en 2013, cun 20,3%, e dende entón baixou de maneira continuada ata situarse no 10,3% ao final de 2017.


Entre 2007 e 2017, o total da carteira de créditos do sistema financeiro español pasou de 1,7 billóns a 1,2 billóns de euros, o que supón un descenso do 29%, segundo un estudo realizado pola consultora AIS Group. Esta caída no crédito produciuse en maior ou menor medida en todos os sectores de actividade: agricultura, industria, construción e servizos. A excepción dase dentro do subsector servizos de intermediación financeira, onde el total de créditos a estas empresas pasou de 32.000 millóns de euros en 2007 a algo máis de 80.000 millóns en 2017, o que supón un incremento dun 148%.

O maior ou menor grao de caída do crédito de cada sector está relacionado co seu peso no total da carteira de créditos do sistema financeiro español. Así, mentres que en 2007 a construción supoñía o 16% do total de créditos, en 2017 apenas representaba o 6%. Esta caída favoreceu ao sector servizos que no mesmo período pasou de ter un peso do 66% ao 72%.

Considerando bancos e entidades financeiras de crédito (EFC), os últimos10 anos castigaronis duramente a carteira de estas últimas, pois os seus créditos a actividades produtivas caeron un 58%, pasando de 32.000 millóns de euros a algo menos de 13.500 millóns. No caso da banca, que concentra a gran maioría da carteira de créditos a empresas do sistema financeiro español, o descenso en euros é moit maior, case 330.000 millóns de euros, pero a nivel porcentual a súa baixada se queda no 37%.

Baixa a morosidade

En canto á taxa de morosidade, na última década experimentou un considerable crecemento, especialmente durante os anos da crise económica. Así, dende 2007, cando a taxa de morosidade ds créditos a empresas se situaba no 0,7%, medrou exponencialmente ata tocar teito en 2013, cun 20,3%, e dende entón baixou de maneira continuada ata situarse en 10,3% a final de 2017. Por sectores de actividade, a construción segue sendo o que presenta o indicador máis elevado, un 24,1%, o único segmento que se mantén cunha taxa de morosidade de dous díxitos.

As achegas de cada sector tanto ao PIB como ao emprego tamén variaron na última década. A nivel de ocupación da poboación, o sector servizos é o único que medrou no sentido de que en 2007, de cada 100 persoas ocupadas, 70 o estaban nestas actividades. A decembro de 2017, son 79 de cada 100. Este aumento foi en detrimento especialmente da construción, que de ocupar a 13 de cada 100 persoas, pasou a dar traballo só a seis.

En cuanto ao PIB, tamén os sectores servizos e construción son os que presentan os cambios máis destacados, pero por motivos contrarios. Construción reduciu a súa achega ao PIB en seis puntos porcentuais nos últimos 10 anos. Do 12% pasou ao 6%. Mentres que servizos aumentou a súa achega en cinco puntos ata situarse no 75%. Industria e o sector primario apenas sufriron cambios destacables respecto á súa contribución ao PIB.

Preocupación polas carteiras

José Manuel Aguirre, economista e director comercial de AIS Group, afirma que “a evolución da macroeconomía é o principal driver da mellora ou empeoramento da calidade do risco das carteiras das entidades financeiras. No momento actual, normativas como IFRS9 provocan que as entidades estean moi preocupadas pola calidade das súas carteiras, polo que as ferramentas de seguemento cobran unha gran relevancia. Anticiparse o máximo posible a potenciais situacións de deterioro que acaben impactando no seu nivel de reservas é unha prioridade. E tamén o é ser quen de simular unha diversidade de escenarios macroeconómicos para predicir a evolución das carteiras en cada un deles. É o que chamamos stress testing”.

Por outra banda, comenta Aguirre que agora vivimos un momento de auxe na aplicación de novas técnicas na xestión do risco. “As entidades están implementando a intelixencia artificial e en particular as técnicas de machine learning nos seus modelos de xestión do risco de crédito, pois deste modo o seu nivel de predición é ata un 50% máis elevado, multiplicando así a eficacia e a eficiencia dos modelos. E ese debe ser o camiño a seguir para levar a cabo un mellor control do risco, tanto nas operacións con particulares como con empresas”, aconsella.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)