Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Empresarios arxentinos e españois únense en defensa dos seus cascos históricos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE XUñO DE 2018 · (0)



A Confederación Arxentina da Mediana Empresa e a Confederación Española de Cascos Históricos asinan un manifesto en defensa de estes espazos comerciais coa creación dunha organización iberoamericana de centros históricos comerciais.


Diego Navarro, vicepresidente da Confederación Arxentina da Mediana Empresa (CAME), e José Manuel Bello Rey, presidente da Confederación Española de Cascos Históricos (Cocahi) e de Compostela Monumental, asinaron conxuntamente o Manifesto en Defensa dos Centros Históricos Comerciais do Mundo, unha iniciativa previa á constitución, o próximo martes en Madrid, da Organización Iberoamericana de Centros Históricos Comerciais, cuxo obxectivo é traballar conxuntamente para mellorar o comercio tradicional ubicado nos centros de cidade con valor patrimonial de todo o mundo. Ademais da firma do Manifesto de Valencia 2018 e a constitución do novo organismo internacional, ambas institucións defenderán ante a ONU a proclamación do Día Mundial dos Centros Históricos.

O Manifesto en Defensa dos Centros Históricos defende, entre outros puntos, que os gobernos locais poñan énfase nun desenvolvemento integrado dos centros históricos no que se busquen sineras entre as distintas ordenanzas que rixen as actuacións nestes espazos, e que se potencie a cooperación entre os distintos axentes que traballan, viven, visitan ou acuden aos centros históricos, na busca dun modelo de convivencia produtiva.

Así mesmo, reclama que se incentive o desenvolvemento de modelos innovadores de participación cidadá na toma das decisións públicas que afectan aos centros históricos, e se poñan os medios necesarios, públicos e privados, que posibiliten a captación daquelas oportunidades, urbanísticas, económicas, sociais e culturais que impulsen e modernicen estes espazos urbanos.

Singularidades

Os representantes dos centros históricos piden que se lles escoite en canto ás súas propostas para a preservación das singularidades arquitectónicas, culturais, comerciais e de ocio destes espazos, e que se potencie o uso responsable do espazo público por parte de todos os seus usuarios.

Traballar para mellorar a accesibilidade aos centros históricos, harmonizando os distintos tipos de transporte, xa sexan públicos ou privados, incentivando a súa sostibilidade; potenciar un consumo sostible, primando a adquisición de produtos locais e artesanos, e esforzarse na consecución duns centros históricos cunha alta carga residencial para uso e gozo dos propios cidadáns son outras das demandas incluídas neste manifesto co que os centros históricos pretenden “promover un cambio de paradigma urbano cara a adopción dunha nova axenda urbana, aliñada coa aprobada pola ONU, que debe adoptar enfoques de desenvolvemento urbano e territorial sostibles e integrados, centrados nas persoas, que teñan en conta a idade e o xénero, mediante a aplicación de políticas integradas”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)