Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A DO Monterrei celebra esta noite os seus 25 anos de andaina cunha gala no Parador



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE XUñO DE 2018 · (0)



Silvia Jato será a encargada de presentar o acto, que comezará as 21.30 horas baixo o lema “25 anos ao noso lado” para compartir a celebración con adegueiros, viticultores e profesionais do sector.<


O Consello Regulador desta denominación de orixe, que preside Lara da Silva Rodríguez, pretende con esta gala render homenaxe a aqueles que fixeron posible que a DO arrincase e que levan traballando a prol dos viños de Monterrei ao longo deste cuarto de século de historia. Por iso tamén quere homenaxear a tres persoas do sector vitivinícola de Monterrei: un viticultor, un adegueiro e un catador, que representan ao conxunto do sector.

 

O acto quere servir ademais para facer memoria do traballo realizado ao longo destes anos para, dende a orixe, encarar con máis forza o futuro dunha DO nova, a última das galegas en data de creación, pero con máis de dous mil anos de historia vitivinícola ás súas costas.

A cita desenvolverase esta noite no Parador Castelo de Monterrei a partir das 21.30 horas. Entre os participantes está prevista a presencia da conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez; a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, Belén Do Campo, así como os alcaldes dos concellos do territorio de Monterrei.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)