Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A taxa de emprego feminino aumenta en España case seis puntos dende 2013



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE XUñO DE 2018 · (0)



Non obstante, cun 59,6% está a case sete puntos porcentuais da media da Unión Europea, onde no último lustro subiu case catro punto e se situou no 66,4% en 2017, e é a quinta máis baixa.


Suecia é o país coa maior cifra de emprego feminino rozando o 80%. Lituania, Alemaña e Estonia figuran a continuación con taxas superiores ao 75%. Dinamarca e o Reino Unido están por riba do 73%, mentres que os Países Baixos, Letonia e Finlandia superan o 72%. Austria acada un 71,4%, ao tempo que Portugal e Eslovenia están preto do 70%. Luxemburgo, Bulgaria, Irlanda e Francia tamén logran superar o promedio da UE.

Por debaixo da media figuran Bélxica, España, Italia e Grecia, ademais dunha serie de países membros de recente adhesión á UE. En España conseguiuse un incremento notable da taxa de emprego feminino dende 2013. A pesar dese aumento de case seis puntos, a nosa taxa un 59,6% segue estando entre as máis baixas da Unión Europea. Por detrás de nós figuran Croacia, Malta, Italia e Grecia.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)