Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Como construír de xeito sostible?



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE XUñO DE 2018 · (0)



ITG organiza para o luns na sede coruñesa do COAG a xornada “Bioeconomic: a metodoloxía BIM e a certificación Breeam”, na que acegará unha visión global sobre eficiencia enerxética, rehabilitación e construción sostible.


O encontro ten como obxectivo expoñer unha visión innovadora sobre o desafío medio ambiental e a súa rendibilidade no eido da sostibilidade, a economía e o coidado do medioambiente. A través do caso de éxito do Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo), certificado por Breeam e primeiro “Green Project Finance” de España, explicarase como aplicar a metodoloxía BIM (Building Information Modeling) integrando os estándares de sostibilidade Breeam.

Santiago Rodríguez Charlón, director da Área de Enerxía do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), presentará unha xornada dividida en dúas sesións. Na primeira, Óscar Martínez, director de Breeam España analizará ol contexto BIM & Breeam, como BIM é unha excelente maneira para acadar a acreditación Breeam. Na segunda sesión veranse casos prácticos de edificios certificados Breeam en Galicia, como é o caso do Hospital Álvaro Cunqueiro. A asistencia é gratuíta e as prazas limitadas ata completar aforo.

Creado en Inglaterra en 1990, Breeam (Building Research Establishment Environmental Assessment Methodology) é o método de avaliación e certificación da sostibilidade da edificación tecnicamente máis avanzado e referencia a nivel internacional con máis de 564.000 edificios certificados en 78 países. Privado e voluntario, é unha escala de sostibilidade do edificio adaptado ao idioma e normativa de España dende o ano 2010. O selo promove edificios máis saudables, máis eficientes nos recursos que empregan eis respectuosos co medio ambiente. Unha escala de sostibilidade que outorga ata 10 categorías que van moito máis alá da eficiencia energética.

Building Information Modeling (BIM), é unha metodoloxía de traballo que integra a todos os axentes implicados na creación e xestión dun proxecto. Trátase da evolución dos sistemas de deseño tradicionais baseados nun plano, xa que BIM incorpora información xeométrica (3D), de tempos (4D), de custos (5D), ambiental (6D) e de mantemento (7D). É dicir, amosa a planimetría con información crítica sobre cada produto de construción e ao mesmo tempo indica canto tardará en construírse e como será ese proceso e interferencias entre cada unha das partes intervintes, canto custará construír o edificio, o seu mantemento e a súa durabilidade.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)