Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Emprendedores de Santiago presentan a 5ª edición do encontro Pont-Up Store



PUBLICADO O 29 DE XUñO DE 2018 · (0)



A 5ª edición do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE, que se celebrará os días 20, 21 e 22 de setembro na Praza de España de Pontevedra, consolídase como a cita de referencia do emprendemento galego cunha xira de presentacións nas principais cidades do país que hoxe tivo como escenario Compostela.


O director do evento, Pedro Figueroa, estivo acompañado por Belén Mendoza, responsable do Departamento de Proxectos e Coordinadora do Programa EYE (Erasmus for Young Entrepreneurs) da Cámara de Comercio de Santiago –que leva 2 edicións participando no encontro–, e tamén por emprendedoras e emprendedores da área de Compostela, que participaron en anteriores edicións do encontro.

Pedro Figueroa recordou que o prazo de candidaturas segue aberto ata o 8 de xullo, e que a día de hoxe hai xa 55 iniciativas presentadas para optar ás distintas modalidades de participación. Entre elas destacou o Puntazo Exprés no que 10 empresas serán seleccionadas para explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 mulleres representantes de importantes empresas e entidades galegas:África González, directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da UVigo, presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e promotora da empresa spin-off NanoInmunoTech (NIT) con sedes en Vigo, Zaragoza e Madrid; Nuria Varela-Portas, xerente e fundadora da empresa de agroalimentación ecolóxica, Pazo de Vilane; María Caldeiro, xerente de FUNDAMAR; Lucía Gregorio, adxunta a dirección de REDEGAL, empresa punteira en e-commerce e apps para IOS, Android e Windows Phone; e Teresa Fernández-Valdés, executiva de Bambú producciones, considerada unha das mulleres máis poderosas da televisión.

Este ano, como novidade, as presentacións de PUNTAZO EXPRÉS serán abertas ao público e haberá tempo para a réplica por parte das escoitantes. Desde o pasado 29 de maio está aberto o prazo para presentar candidaturas a través da web www.pontupstore.com. Ademais do Puntazo Exprés, as outras dúas modalidades de participación: son presentar un emprendemento nun dos 33 stands gratuítos dispoñibles; e propoñer actividades de dinamización dentro do programa. A convocatoria para inscribirse en calquera das tres modalidades de participación do PONT-UP STORE permanecerá aberta ata o 8 de xullo e a decisión do comité organizador farase pública o 24 de xullo.

Pola súa parte, Belén Mendoza, recordou que lanzou a primeira vez o programa Erasmus para novos emprendedores no Pont-Up Store hai dous anos e a partir de aí foi un éxito e unha referencia para as emprendedoras e emprendedoras en amteria de internacionalización.

Marcos Alonso, da marca de robótica infantil Neukos destacou o feedback que conseguiron presentando os seus produtos no Pont-Up, "algo que normalmente non fas porque estás todo o día metido na oficina". Tamén valorou moi positivamente "o interese da organización en recoller as opinións dos emprendementos participantes para mellorar e pulir aspectos en cada edición".

Clara Rodriguez, da cooperativa de creación artística e xestión cultural 7H  asegurou que "o público que visita o Pont-Up Store é xeneroso e ofrece moitas ideas. Ademais conseguimos contactar con  outras empresas coas que seguimos colaborando hoxe en día".

Pont-Up Store 

Trátase dunha iniciativa liderada polo Campus CREA de Pontevedra da Universidade de Vigo, co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal e outros 11 patrocinadores máis entre os que se atopan importantes partners así como outros colaboradores que foron sumándose ao encontro no que cooperan máis de 35 entidades públicas e privadas ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento.

O obxectivo é converterse no punto de encontro das mellores iniciativas empresariais. Nesta edición, o Pont-Up Store reivindica o 'Talento Transformador' como enerxía para cambiar o mundo e presenta un programa baseado na tecnoloxía, a gamificación e o desenvolvemento de competencias dixitais. O encontro, que este ano presentará arredor de 50 novos emprendementos, vai celebrar dun xeito especial estes cinco anos de percorrido.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)