Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

José Manuel Trigo representará ás familias numerosas galegas na FEFN



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE XULLO DE 2018 · (0)



Tras a súa elección como vicepresidente primeiro da Xunta Directiva da Federación Española. Trigo, vicepresidente da Agafan, coñece de primeira man a realidade das familias galegas cuxa problemática trasladará ao novo equipo directivo a nivel nacional, liderado por Benito Zuazu.


O vindeiro sábado celebrarase a primeira reunión da nova Xunta Directiva na que se asignarán as funcións e responsabilidades. Dentro das prioridades do novo equipo está lograr un incremento do número de socios, o aumento da presión política para defender os intereses das familias numerosas, revalorizar o Plan + familia, incrementar os contactos internacionais con federacións europeas e consolidar o selo turístico de familias numerosas.

Tras a votación, na que participaron representantes das 17 comunidades autónomas e das dúas ciudades autónomas, saíron elixidos os novos oito membros da Xunta Directiva, entre os que se atopa Trigo. Para Agafan, este xesto dá maior peso a Galicia dentro da federación nacional e recoñece á asociación galega pola súa intensa actividade.

En España, ata o ano pasado, contabilízase un número aproximado de 620.000 familias numerosas (550.000 do réxime xeral e 70.000 do especial). En Galicia, segundo datos oficiais de 2018, hai 24.092 familias numerosas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)