Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Dixitalización e finanzas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE XULLO DE 2018 · (0)



A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago acolle esta semana o curso “As novas finanzas no mundo dixital”, na que se tratarán os retos dos profesionais financeiros tras a dixitalización global.


Este curso de verán, organizado en colaboración coa delegación en Galicia do Instituto Español de Analistas Financeiros (IEAF), Fundación Abanca, e o Grupo de Investigación Valfinap do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Santiago de Compostela, pretende dar a coñecer e afondar nos retos aos que se está enfrontando o mundo financeiro trala dixitalización global: a transformación á que se está enfrontando a banca tradicional, a normativa na que se amparan todos estes cambios ou as novas oportunidades de negocio que xurdiron.

Amosaranse todas as medidas que as entidades financeiras están a levar a cabo para situarse axeitadamente e satisfacer a un novo cliente dixital, cada vez máis esixente, con capacidade de tomar decisións cualificadas e que valora a inmediatez e as cousas ben feitas. A profesora Loreto Fernández é a directora deste curso, que terá lugar mañá e o xoves no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económica e Empresariais, e que está recoñecido academicamente pola USC cun crédito ECTS para todas as titulacións de Grao e o IEAF, con 12 horas de recertificación, seis por cada unha das dúas xornadas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)