Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A satisfacción laboral en España está por riba de Alemaña, Francia, Italia e Portugal



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE XULLO DE 2018 · (0)



O 73% dos traballadores neste país atópase satisfeito co seu posto de traballo, un punto porcentual máis que a media rexistrada en Europa (72%), segundo o Randstad Workmonitor correspondente ao segundo trimestre de 2018.


En Europa, Austria sitúase como o país cos profesionais máis “felices”, xa que o 81% deles se considera “satisfeito” no seu emprego actual. A continuación sitúanse os países nórdicos, posto que Dinamarca e Noruega rexistran taxas do 78%, similares ás de Países Baixos (78%) e Luxemburgo (77%).

Chama a atención que, a excepción de España, todos os países do sur de Europa sitúanse por debaixo da media europea, con taxas comprendidas entre o 69% e o 66%. Italia é o país deste colectivo que conta cun índice máis elevado, cun 69%, por diante de Grecia (68%) e Portugal (66%). As altas taxas de desemprego e a recesión económica que sufriron os profesionais destes países merman a satisfacción laboral dos seus empregados. Fóra das fronteiras europeas, Estados Unidos é o país que rexistra maior taxa (80%). A continuación atópase Australia (73%) e, nos últimos postos, China (66%) e Xapón (50%).

En España, durante o segundo trimestre de 2018, tres de cada catro profesionais amósanse satisfeitos co seu emprego. Isto supón un descenso dun punto porcentual respecto ao trimestre anterior, pero un aumento dun punto porcentual respecto ao mesmo período do ano anterior. Cando se analiza a serie histórica, se detecta que, tras acadar unha taxa do 74% de satisfacción laboral durante o primeiro trimestre de 2014, este indicador do mercado laboral descendeu ata a cifra máis baixa (62%) no terceiro trimestre dese exercicio. Dende ese punto aumentou de maneira consecutiva durante seis trimestres ata acadar o 77%, rexistrando a segunda cifra máis elevada da serie histórica. Tras dous trimestres estables, cunha taxa de satisfacción do 74%, marcou un novo récord histórico no último trimestre de 2016, que se situou no 78%. A partir dese momento, este indicador do mercado laboral rexistrou taxas que oscilaron entre o 70% e o 74%.

Randstad Workmonitor tamén analiza a taxa de satisfacción laboral segundo o nivel formativo, e detecta que a maior nivel formativo, maior é a satisfacción dos empregados. Neste sentido, os profesionais con educación superior amosan unha taxa de satisfacción do 74%, o que representa a maior cifra acadada por nivel de estudos. Pola súa banda, a taxa de ocupados que contan con formación secundaria atópase no 73%, e a daqueles que contan con estudos primarios, no 62%.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)