Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Aumentan un 30% as contratacións de temporais a indefinidas en 2018



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE XULLO DE 2018 · (0)



A consultora Page Personnel defende a temporalidade como a principal porta de entrada ao mercado laboral, tanto para perfís juniors como seniors, xa que lles dá a posibilidade de adquirir experiencia e poñer en práctica no eido laboral os coñecementos adquiridos.


Desta maneira, é cada vez máis habitual a contratación de perfís cualificados para determinados proxectos de duración determinada que achegan unha experiencia moi enriquecedora á traxectoria profesional dos candidatos. Na análise desta consultora especializada en recursos humanospódese comprobar como o paso dun contrato temporal a indefinido se viu incrementado un 30% no primeiro semestre de 2018 en comparación co mesmo período do ano anterior. Ademais, neste mesmo período incrementouse un 20% a contratación temporal deste tipo de profesionais.

Os meses do ano correspondentes a períodos vacacionais, como o verán, Nadal ou Semana Santa, adoitan ir acompañados dun incremento das contratacións temporais. Pero contrariamente á crenza xeralista, pola que se asocia este tipo de contratacións con perfís pouco cualificados, son moitas as empresas que optan por activar os seus procesos de selección en época estival. Aqueles profesionais relacionados co ámbito de soporte (recepcionistas, secretarias, administrativos, grabadores de datos, etc) aumentan un 25% a súa demanda durante o verán.

Isto débese a que as compañías obteñen así unha importante axuda en épocas nas que algúns traballadores poden estar de vacacións ou necesitan un reforzo. Para o profesional, ofrécelle a oportunidade de coñecer diferentes contornas profesionais, facer networking e a posibilidade de optar a un contrato indefinido.

“O tipo de contratacións cualificadas que se fan en verán é moi variado, dende mozos con moito potencial, pero con pouca experiencia, ata perfís senior que levan unha tempada sen traballar ou queren enriquecer a súa experiencia profesional”, destaca Natalia Leña, senior executive manager de Page Personnel.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)