Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

España está entre os 30 países mellor preparados para o futuro dixital



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE XULLO DE 2018 · (0)



Esta clasificación, que publica o International Institute for Management Development (IMD) de Lausana dende 2017, mide a capacidade que teñen os países para desenvolver e adoptar tecnoloxías dixitais que poidan transformar as súas economías e sociedades.


A preparación dunha economía para o futuro dixital é un aspecto moi importante e mídese analizando as actitudes adaptativas, a axilidade das empresas para implementar os cambios e a integración das tecnoloxías da información e comunicación. O primeiro lugar da clasificación mundial corresponde a Dinamarca, que relegou aos Estados Unidos ao segundo posto. A continuación figuran os Países Baixos, Finlandia e Suecia entre os cinco primeiros. A lista dos dez países mellor clasificados a completan Singapur, os Emiratos Árabes Unidos, Canadá, o Reino Unido e Irlanda.

Austria (15) e Alemaña (18) logran situarse entre os 20 mellor clasificados, xunto a Noruega, Taiwán e Hong Kong, entre outros. Bélxica ocupa o posto 22 e Luxemburgo o 23. Estonia –no posto 26– é o país de recente adhesión á UE coa mellor preparación para o futuro dixital. Francia, España e Italia están tamén no grupo dos 30 mellores. No caso da nosa economía –que figura no posto 29 dun total de 63 países– destaca a súa boa posición en actitudes adaptativas e integración das tecnoloxías da información e comunicación. Sn embargo, temos que mellorar notablemente en axilidade das empresas á hora de asumir os cambios que esixe o futuro dixital. Nese aspecto ocupamos o posto 47.

Lituania, Portugal, Eslovenia, a República Checa e Polonia logran situarse entre os 40 primeiros países. A peor preparación para o futuro dixital entre os membros da Unión Europea corresponde a Croacia, Bulgaria e Romania.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)