Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As grandes empresas achegan máis do 27% do emprego en España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE XULLO DE 2018 · (0)



Segundo a recente puublicación de Eurostat “A economía europea dende comezos do milenio” esta porcentaxe está seis puntos porcentuais por debaixo da media europea, onde máis as compañías con máis de 250 traballadores achegan máis do 33% do emprego.


O estudo de Eurostat destaca o papel das grandes corporacións ao mercado laboral da Unión Europea, xa que aproximadamente un terzo do emprego o xeran estas empresas, aunque con importantes diferenzas entre os estados membros, con porcentaxes que van dende máis do 45% ata apenas un 20%.

O Reino Unido é o país que, con diferenza, ocupa o primeiro lugar cun 46,5%, xa que Francia séguelle xa a case oito puntos porcentuais de distancia (38,6%) e Alemaña a máis de nove (37,1%). Tamén contan cunha notable contribución das grandes empresas ao emprego total as grandes empresas de Romanía, Finlandia e os Países Baixos, que superan o promedio comunitario con cifras arredor do 34%.

Polonia e Luxemburgo comparten un 31,7% e xa figuran por debaixo da media europea, ao tempo que Bélxica, Croacia e Hungría se sitúan por riba do 30% pero case tres puntos porcentuais do promedio. En España, o emprego nas grandes compañías supón un 27,2% e está máis afastada da porcentaxe da UE, mentres que as cifras más baixas corresponden a Italia (21,3%), Letonia (20,6%) e Malta (20,3%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)