Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os economistas coruñeses estudan a disolución e liquidación de sociedades



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE XULLO DE 2018 · (0)



Enmarcada nas II Xornadas de Dereito Societario, a partir das catro e media desta tarde celébrase no Colexio de Economistas da Coruña a segunda sesión deste ciclo, que inclúe tres conferencias.


Pablo González Carreró‐Fojón, maxistrado xuíz titular da Sección 4ª da Audiencia Provincial da Coruña, será o encargado de abrir a xornada disertando sobre os aspectos controvertidos en torno á disolución da sociedade de capital. A continuación, Rodrigo Cabedo Gregori, membro da Comisión Mercantil, Concursal e de Expertos Xudiciais, e vogal do Consello Directivo do Refor (Rexistro de Expertos en Economía Forense), tratará as operacións de liquidación co desenvolvemento dun caso práctico, mentres que pechará a xornada Raúl Muñoz Maestre, notario do Ilustre Colexio Notarial de Galicia, coa conferencia A extinción da sociedade.

A sesión terá lugar en horario de tarde, entre as 16.30 e as 19.30 horas, e as tres horas formativas son computables a efectos da formación concursal obrigatoria para auditores (noutras materias) e para expertos contables (para mantemento, acreditación e acceso por méritos).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)