Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os negocios virtuais revolucionan o ecosistema empresarial



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE XULLO DE 2018 · (0)



Galicia Business School e o Colexio de Inxeñeiros Industriais celebraron onte en Vigo unha xornada para achegar as novidades na xestión loxística empresarial e a cadea de subministro, na que participaron máis de 50 profesionais.


A xornada foi presentada polo vicedecano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Constantino García, que agradeceu a súa asistencia a todos os presentes e falou da colaboración continuada entre Galicia Business School e Icoiig dende os últimos dous anos. Despois, interveu o director de Galicia Business School, Eduardo García Erquiaga, que falou da importancia do cadro docente da xornada. Acto seguido, a responsable de Desenvolvemento de Negocio e Marketing de Severiano Servicio Móvil, Maite Gómez-Valadés, presentou aos relatores da sesión. A quenda a iniciou o director de Innovación e Proxyectos do Centro Español de Loxística, Ramón García, que destacou os novos retos loxísticos nun mercado cada vez máis dixitalizado e internacional, onde existen novos negocios virtuais que están a provocar unha revolución no ecosistema empresarial.

Despois da intervención de García, tocoulle a vez ao socio fundador do Instituto Lean Management, August Casanovas. Este reputado conferenciante compartiu un relatorio principalmente centrado no desenvolvemento do capital humano nas compañías, e como este inflúe na súa loxística. “As persoas son o máis importante nunha organización. Temos que traballar a política de recursos humanos das compañías, fomentando unha sostibilidade empresarial tanto coas persoas como co medio ambiente”, explicou.

Tras o relatorio de Casanovas, interveu o supply chain manager de Genesal Energy, Alejandro Estévez, que deu a coñecer un proxecto da súa compañía enfocado a unha correcta xestión das cadeas de subministro. Así, Estévez explicou a todos os asistentes a súa estratexia, salientando a importancia de “centrar compras en poucos provedores de confianza, conseguindo así reducións nos custos dos pedidos”. A xornada rematou cunha mesa redonda na que Gómez-Valadés instou ao público a participar debatindo cos relatores.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)