Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As pequenas empresas xeran un 44,1% do VEB español



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE XULLO DE 2018 · (0)



Esta porcentaxe questá seis puntos porcentuais por riba do que xeran as compañías de entre 0 e 49 empregados no Valor Engadido Bruto do conxunto de países da UE. Pola súa banda, as medianas empresas achegan o 19% e as grandes o 44%.


A maior proporción de Valor Engadido Bruto xerado polas pequenas empresas prodúcese en Malta con case un 59%, figurando a continuación Italia e Estonia con cifras próximas ao 50%. España ocupa o cuarto lugar. As nosas pequenas empresas xeran un 44,1% do VEB, as medianas un 17,9% e as grandes un 38%. Bélxica e Letonia superan o 43%, mentres que Finlandia acada un 40,1%. Luxemburgo e Francia están por riba do 39%, ao tempo que os Países Baixos e Croacia tamén superan a media da UE.

Os países que se sitúan por debaixo do promedio europeo contan todos cunha forte xeración de Valor Engadido Bruto nas grandes empresas e menor achega, por tanto, das empresas pequenas. O Reino Unido acada unha cifra do 34,3%, Alemaña chega a un 33,5% e a cifra máis baja un 29,6% corresponde a Polonia.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)