Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Convocado o IX premio “Capital europea da accesibilidade 2019”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE XULLO DE 2018 · (0)



O galardón, convocado pola Comisión Europea, recoñece o esforzo das cidades en favor da discapacidade. O prazo para presentar candidaturas conclúe o 17 de setembro. Antes da competición na UE, existe unha fase nacional que coordina o Cermi.


O obxectivo deste premio, convocado por noveno ano consecutivo, é recoñecer o traballo das cidades de máis de 50.000 habitantes en favor da accesibilidade, o que supón un elemento fundamental para a igualdade de oportunidades das persoas maiores ou con discapacidade. Ademais das cidades, poderán presentarse os núcleos de poboación formados por dous ou máis pobos no caso dos estados da UE que non teñan máis de dúas cidades con máis de 50.000 residentes censados.

Nesta ocasión, as localidades con menos de 50.000 habitantes poderán participar nunha categoría adicada a poñer en valor a accesibilidade no patrimonio cultural. Nesta iniciativa existe, ademais de primeiro premio, outros secundarios e mencións especiais.

As cidades que estean interesadas en participar nesta iniciativa deberán superar primeiro unha fase nacional, da que sairán aquelas que posteriormente competirán co resto de candidaturas europeas. O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi) será a entidade encargada de nomear e xestionar o xurado responsable da fase española.

Deste modo, a UE, xunto ao tecido europeo da discapacidade, aglutinado en torno ao Foro Europeo da Discapacidade (EDF), favorece a visibilización de casos de boas prácticas para que sirvan de exemplo e se continúe avanzando en materia de accesibilidade en ámbitos como o acceso á cultura, ao transporte ou ás novas tecnoloxías, en liña coa Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade.

Durante as oito edicións anteriores, is de 250 cidades participaron na fase europea destes premios, das que 45 lograron algún tipo de recoñecemento, destacando múltiples cidades españolas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)